Moraña
Coordenadas: 42°33′46″N 8°35′8″O / 42.56278, -8.58556
Moraña é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.362 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «morañés».
Moraña | |
---|---|
![]() Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | morañés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca de Caldas |
Poboación | 4.133 hab. (2022)[2][3] |
Área | 41,3 km²[3] |
Densidade | 100,07 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | José Cela Camiño (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Moraña | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 75,79% |
Na rede | |
http://www.morana.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Ten unha superficie de 41 km², repartidos entre 9 parroquias. Atópase situado na zona intermedia entre a chaira litoral e as terras altas da provincia.
PoboaciónEditar
Censo total 2014 | 4.362 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 588 (13.48 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.732 (62.63 %) |
Maiores de 65 anos | 1.042 (23.89 %) |

Evolución da poboación de Moraña Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
4.975 | 4.421 | 4.810 | 4.698 | 4.281 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
PatrimonioEditar
Entre o seu patrimonio destaca a Lapa de Gargantáns, elemento central do escudo municipal. Trátase dun menhir situado na parroquia de Gargantáns e datado no Neolítico, de 192 cm de altura e 50 de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpenteantes. É o motivo principal do escudo do concello de Moraña.
Moraña na cultura popular galegaEditar
En Moraña cren que cando a agonía se prolonga moito é porque o moribundo ten unha débeda pendente con alguén. Sábese porque cando chega esta persoa ó seu carón prodúcese a morte ó pouco tempo, o que se explica como se estivese esperando por el para que o perdoase antes de morrer [8].
- Cantigueiro
- Ai aldea de Soar,/ non é unha que son todas,/ poñen dous pares de medias/ para ter as pernas gordas [9]
- Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella [10].
- Miña Virxe dos Milagros,/ os milagros vanse vendo,/ ás rapaciñas de agora/ vaille a barriga crecendo [11].
- Miña Virxe dos Milagros/ vive no alto do Chan,/ para ver os mariñeiros/ como bogan polo mar [12].
- Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira [13][14].
- Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira [15].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Moraña.
ParroquiasEditar
Lugares de MorañaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Moraña vexa: Lugares de Moraña.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Moraña".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 04 de xuño de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Moraña". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Gran Enciclopedia Galega: s. v. agonía.
- ↑ Soar é unha aldea de San Lourenzo de Moraña. Fonte: Xavier Castro.
- ↑ Refírese, como na seguintes cantigas, á Virxe dos Milagres de Amil. Gran Enciclopedia Galega II, s. v. Amil
- ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 189. No orixinal: âs rapaciñas. Bouza Brey di que o santuario dos Milagros se sitúa no concello de Cuntis, pero ten que referirse á virxe dos Milagros de Amil, Moraña, concello lindeiro con aquel.
- ↑ A Chan é un lugar da mesma parroquia de Amil.
- ↑ Santa Xusta de Moraña é parroquia de Moraña. Bouza Brey 1929, 184.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 244.
- ↑ Bouza Brey 1929, 184.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moraña |
BibliografíaEditar
- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
- CASTRO, Xavier: Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX. Nigra Trea, Vigo 2007.
- Gran Enciclopedia Galega, Ed. Silverio Cañada, Lugo 2003.
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
Outros artigosEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |