Xavier Castro

historiador galego

Xavier Castro Pérez, nado en Cangas o 5 de xuño de 1954, é un historiador galego.

Xavier Castro
Nacemento5 de xuño de 1954
Lugar de nacementoCangas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador
Na rede
Dialnet: 799541
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela no 1977, obtendo en 1982 o doutoramento en Historia. Desde 1991 exerce a docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela.[1] Impartiu docencia na Université de Rennes e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París.[2]

Colaborou en diversas revistas e prensa diaria, tendo participado tamén en conferencias e presentado comunicacións en varios congresos de Historia Contemporánea. Foi comisario da Exposición do Cincuentenario da Editorial Galaxia (1950-2000).

Xunto a Jesús de Juana López promoveu desde 1983 as Xornadas de Historia de Galicia. Formou parte do equipo de redacción da revista Grial.[3] É membro da comisión científica da Fundación Dieta Atlántica e da rede de investigadores europeos especializados en historia da alimentación (Institut Europeen D’Histoire de L’Alimentation).[4] Dirixiu varios proxectos de investigación e foi o asesor, en calidade de historiador, das series da TVG As leis de Celavella e La cocina atlántica. Impartiu cursos sobre a cultura e cata do viño.[5]

Obra en galego editar

Ensaio editar

Edicións editar

Obras colectivas editar

  • I Xornadas de Historia de Galicia, 1985, Deputación de Ourense.
  • II Xornadas de Historia de Galicia. Aspectos da realidade galega (séc. XVI ó XX), 1986, Deputación de Ourense.
  • III Xornadas de Historia de Galicia. Sociedade e movemento obreiro en Galicia, 1986, Deputación de Ourense.
  • IV Xornadas de Historia de Galicia. Historiografía galega, 1988, Deputación de Ourense.
  • V Xornadas de Historia de Galicia. Galicia e América: o papel da emigración, 1990, Deputación de Ourense.
  • VI Xornadas de Historia de Galicia. Mentalidades colectivas e ideoloxías, 1991, Deputación de Ourense.
  • VII Xornadas de Historia de Galicia. Novas fontes. Renovadas Historias, 1993, Deputación de Ourense.
  • VIII Xornadas de Historia de Galicia. Cuestións de historia galega, 1995, Deputación de Ourense.
  • Historia a debate. Galicia, 1995, Universidade de Santiago.
  • IX Xornadas de Historia de Galicia. A muller na historia de Galicia, 1995, Deputación de Ourense.
  • X Xornadas de Historia de Galicia. Grandes transformacións na historia contemporánea de Galicia, 1998, Deputación de Ourense.
  • XI Xornadas de Historia de Galicia. Historia da Cultura en Galicia, 2002, Deputación de Ourense.
  • XII Xornadas de Historia de Galicia. Perspectivas plurais sobre a historia de Galicia, 2003, Deputación de Ourense.
  • Alimentación, sociabilidade e vida cotiá na historia, 2009, Universidade de Santiago.

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • Ayunos y yantares. Usos y costumbres en la historia de la alimentación (2001). Nivola, Madrid.
  • A la sombra ejemplar de los parrales. Cultura del vino en Galicia y otros espacios peninsulares (2006). Trea, Xixón.
  • Yantares gallegos: historia de la dieta atlántica (2010). Universidade de Santiago.

Premios editar

  • O galeguismo na encrucillada republicana, mención de honra do Premio Otero Pedrayo, 1983.
  • Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo no 2007, por Servir era o pan do demo.
  • Premio Gourmand best in the world na categoría de mellor libro de historia gastronómica en galego no 2011, por A mesa e manteis.
  • XVII Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro no 2011, por A mesa e manteis.

Notas editar

  1. "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-12-28. 
  2. "Xavier Castro". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-28. 
  3. Castro, Xavier (xullo, agosto, setembro 2021). "Achegamento á historia das mulleres campesiñas. O problema da conciliación". Grial LIX (231): 77–82. ISSN 0017-4181. 
  4. "Xabier Castro Pérez". HISTAMÉRICA (en castelán). 2014-06-12. Consultado o 2019-12-28. 
  5. "Francisco Xavier Castro Pérez". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-12-28. 
  6. Castro, Xavier. O galeguismo na encrucillada republicana. Biblioteca Virtual Galega. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 28 de decembro de 2019. 
  7. "A lume manso. Estudios sobre historia social da alimentación". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-12-28. 
  8. "Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. (Séculos XIX e XX)". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-12-28. 
  9. Martínez González, Xurxo (Xullo, agosto, setembro 2020). "Raizames populares". Grial. LVIII (227): 76–77. ISSN 0017-4181. 
  10. "A mesa e manteis Historia da alimentación en Galicia. Axenda cultural AELG". aelg. Consultado o 2019-12-28. 
  11. "A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-12-28. 
  12. "Castelao e os galeguistas do interior. Cartas e documentos". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-12-28. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar