Lapa de Gargantáns
menhir neolítico situado en Gargantáns, Moraña
A Lapa de Gargantáns é un menhir datado no neolítico, situada na parroquia de Gargantáns, no concello de Moraña (Pontevedra).
Lapa de Gargantáns | |
Tipo | Menhir / Lapa |
Características | |
Anchura | 50 cm |
Altura | 235 cm (192 visibles) |
Descuberta | |
Localización | Gargantáns, Moraña, Galicia Castro de Paraños |
Coordenadas | 42°34′11″N 08°34′58″O / 42.56972, -8.58278 |
Data | 1958 |
Características
editarTen 192 cm de altura e 50 cm de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpeantes.
Dende a súa descuberta en 1958 permaneceu tirada no chan durante algúns meses e foi levantada por arqueólogos do Museo de Pontevedra.[cando?]
Cumpría a función de pedra de termo entre as parroquias de Gargantáns e Santa Xusta de Moraña. O concello de Moraña adoptouno como peza representativa no escudo do concello.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.