Abrir o menú principal

Coordenadas: 42°32′24.62″N 08°34′44.09″O / 42.5401722, -8.5789139

Amil
Amil.jpg
Igrexa parroquial.
ConcelloMoraña
Poboación414 hab. (2014)
Entidades de poboación14

San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.

Patrimonio histórico-artísticoEditar

A igrexa parroquial foi construída en 1781.

En 1892 rematouse de construír o Santuario da Virxe dos Milagres, onde se celebra o primeiro domingo despois do 8 de setembro a Romaría dos Milagres de Amil, á que asisten milleiros de peregrinos de toda Galicia.

Ademais, na parroquia hai varios cruceiros dos séculos XVIII e XIX,

A Virxe dos Milagres na cultura popular galegaEditar

  • Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella [1].
  • Miña Virxe dos Milagros,/ os milagros vanse vendo,/ ás rapaciñas de agora/ vaille a barriga crecendo [2].
  • Miña Virxe dos Milagros/ vive no alto do Chan,/ para ver os mariñeiros/ como bogan polo mar [3].

FestasEditar

Nesta parroquia celébrase desde 1970 a festa gastronómica do porquiño á brasa.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Moraña.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
  • Refírese, como na seguintes cantigas, á Virxe dos Milagres de Amil. Gran Enciclopedia Galega II, s. v. Amil
  • Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 189. No texto: âs rapaciñas. Bouza Brey di que o santuario dos Milagros se sitúa no concello de Cuntis, pero ten que referirse á virxe dos Milagros de Amil, Moraña, concello lindeiro con aquel.
  • A Chan é un lugar da mesma parroquia de Amil.