Peregrino

persoa que percorre unha ruta de peregrinación

Un peregrino é aquel que emprende unha peregrinación, é dicir, que se encamiña a facer unha visita a un lugar de significación, xa relixiosa ou histórica; decote estas camiñadas son longas.

Peregrino facendo un alto no camiño para refrescarse

CaracterísticasEditar

Algúns exemplos poden ser os católicos que visitan Fátima, ou os cristiáns ou xudeus que visitan Xerusalén, ou un musulmán que visita a Meca. Nos Estados Unidos o termo "peregrino" normalmente refírese aos novos asentamentos de europeos en Nova Inglaterra, quen celebraron o primeiro Día de Acción de Grazas cos americanos nativos no ano 1621.

En Galiza, a palabra peregrino é ben coñecida, pois véñense facendo peregrinacións a Santiago de Compostela por parte dos católicos dende a Idade Media.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar