Gargantáns, Moraña
Coordenadas: 42°34′06″N 08°35′04″O / 42.56833, -8.58444
San Martiño de Gargantáns é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o IGE en 2009 tiña 225 habitantes (118 mulleres e 107 homes), nove menos ca en 1999. Ten catro entidades de poboación.
Gargantáns | |
---|---|
![]() Igrexa de San Martiño de Gargantáns. | |
Concello | Moraña[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 184 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
A Lapa de Gargantáns é un menhir de pouco menos dos dous metros de altura datado entre os anos 3000 e 2000 a.C. Orixinariamente era máis alto, xa que se comprobou que a base está cortada, polo que se supón que foi trasladado desde outro sitio ata a súa localización actual. Presenta a superficie labrada, aínda que actualmente só se aprecian varias cazoletas. Aparece representado como motivo principal do escudo de Moraña.
A igrexa parroquial de San Martiño conserva a ábsida románica.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de GargantánsEditar
Lugares da parroquia de Gargantáns no concello de Moraña (Pontevedra) | |
---|---|
Parroquias de MorañaEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gargantáns, Moraña |