Comarca de Caldas
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Caldas.
A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.[1]
Comarca de Caldas | |
---|---|
![]() | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Área | 288,86 km² |
Poboación | 33.701 hab. (2020) |
Densidade | 116,67 hab./km² |
Concellos | Caldas de Reis Catoira Cuntis Moraña Pontecesures Portas Valga |
DemografíaEditar
Padrón municipal 2020 | 33.701 habitantes[2] |
---|---|
Menores de 15 anos | 4.284 (12,71 %) |
Entre 16 e 64 anos | 21.164 (62,80 %) |
Maiores de 65 anos | 8.253 (24,49 %) |
Política e gobernoEditar
Tras as eleccións municipais do ano 2019, o PP gobernou os concellos de Moraña[3], Pontecesures[4], Portas[5] e Valga[6], mentres que o PSdeG-PSOE os de Caldas de Reis[7], Catoira[8] e Cuntis[9].
Galería de imaxesEditar
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Caldas
NotasEditar
- ↑ DECRETO 65/1997, do 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia (DOG nº 63, de 3.04.1997)
- ↑ "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-13.
- ↑ "Moraña". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-13.
- ↑ "Pontecesures". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-13.
- ↑ "Portas". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-13.
- ↑ "Valga". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-13.
- ↑ "Caldas de Reis". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-13.
- ↑ "Catoira". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-13.
- ↑ "Cuntis". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-13.
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |