Curro, Barro
Santa María de Curro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Barro. Segundo o INE de 2016 tiña 777 habitantes (400 mulleres e 377 homes), 32 máis ca en 2004. Ten cinco entidades de poboación.
Curro | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Barro[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°30′35″N 8°40′30″O / 42.50972222, -8.675 |
Poboación | 751 hab. (2021) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarEn outubro de 2009 levouse a cabo por parte de voluntarios da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica a escavación dunha foxa, no adro da igrexa parroquial, onde se soterrou ao xornalista de 19 anos Ramón Barreiro Rodríguez, veciño de Barro, e ao electricista de 27 anos Castor Cordal Garrido, veciño de Cambados e afiliado á CNT. Foron fusilados na madrugada do 15 de setembro de 1936 preto da estrada a Pontevedra, e soterrados á noitiña.
Patrimonio
editarDo baldaquino de Santa María de Curro consérvanse tres pezas incrustadas nas paredes das escaleiras de subida ó adro da igrexa de Santa María de Curro.
Galería de imaxes
editar-
Escavación dunha foxa no adro da igrexa.
-
Casa de Porto.
-
Forno en desuso.
-
Unha das pezas do baldaquino
Lugares e parroquias
editarLugares de Curro
editarLugares da parroquia de Curro no concello de Barro (Pontevedra) | |
---|---|
Bretoña | Couso | Currás | Fonte do Curro | Outeda |
Parroquias de Barro
editarGalicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Barro | |
---|---|
Agudelo (San Martiño) | Barro (San Breixo) | Curro (Santa María) | Perdecanai (Santa María) | Portela (San Mamede) | Valiñas (Santo André) |