Castor Cordal Garrido

electricista galego

Castor Cordal Garrido, nado en Corvillón (Cambados) en 1909 e finado en Portela o 15 de setembro de 1936, foi un electricista galego.

Infotaula de personaCastor Cordal Garrido
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor em Wikidata
Corvillón, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (26/27 anos)
Portela, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturafosa no cemiterio de Curro (–2009) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónelectricista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Escavación das fosas onde se soterrou a Ramón Barreiro e Castor Cordal en Curro.

Electricista, pertencía á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en diferentes lugares até que foi descuberto por un delator. Detido en setembro, estivo na prisión do pazo de Fefiñáns e foi asasinado con Ramón Barreiro Rodríguez nun eucaliptal a carón da estrada Pontevedra-Vilagarcía de Arousa en Portela. Os asasinos levaron os corpos atados a unha escada de man e soterráronos detrás do adro da igrexa de Curro. Antes de soterralo cortáronlle un dedo para apoderarse dun anel. A súa irmá Josefina non puido entrar á escola por ser irmá de "rojo". Os cadáveres foron exhumados en outubro de 2009.[1][2]

Notas editar

  1. Elena Larriba (22 de outubro de 2009). "Setenta y tres años después". La Voz de Galicia. 
  2. "Ramón Barreiro y Castor Alonso, identificados 74 años después". La Voz de Galicia. 28 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fajardo, Montse (2015). "O pizarrillo na ventá". Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu. Vilagarcía: Autor-editor. pp. 71–82. ISBN 978-84-608-1274-6. 

Ligazóns externas editar