Montse Fajardo
Montse Fajardo Pérez, nada en Vilagarcía de Arousa o 27 de abril de 1973, é unha xornalista e escritora galega.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Montserrat Fajardo Pérez 27 de abril de 1973 (51 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritora de non ficción |
Premios | |
Traxectoria
editarÉ licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e ten un máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas. Traballou en O Salnés Siradella, Radio Ames, Diario de Arousa e Faro de Vigo, e colabora en programas de radio.[1]
De 2013 a 2021 coordinou o equipo do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra.[2] De 2021 a 2023 foi técnica de memoria histórica na Deputación de Pontevedra.
Deu a coñecer en centros educativos e asociacións as consecuencias do insurrección sublevada en Galicia coa charla "A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36".[3]
Tomou conciencia da conexión entre a represión franquista e a impunidade xa cando era nena, escoitando a súa avoa materna, falando dos tempos da guerra civil e de toda a transmisión familiar de represión silenciada polo medo a posguerras. Anos despois centrouse na investigacíón e a recuperación da memoria histórica desde unha perspectiva feminista, poñendo o foco nas testemuñas de mulleres que foron relegadas a un segundo plano.[4]
Tras catro anos de investigación, autoeditou o seu primeiro libro: Matriarcas. Mulleres en pé de vida. A través das entrevistas feitas a dez mulleres de diversos puntos de Galicia, quixo dar voz as grandes esquecidas do seu tempo, as mulleres e o matriarcado que protagonizaron sostendo a sociedades galega da posguerra.[5]
Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu foi o seu segundo libro. Continuou coa mesma metodoloxía do Matriarcas, sendo outro exemplo de como as fontes orais con materia prima para facer historia -aínda que as veces subestimada- e tamén para facer memoria e xustiza.
Como o que indicara o historiador Pepe Álvarez Castro, Fajardo afirma no seu limiar que é verdade, que ela está dun único lado, do das vítimas, de tódalas vítimas, do único lado do que podería estar: o das silenciadas.[6]
En Invisibles, Fajardo da todo o protagonismo as mulleres dos relatos, visibilizando as diferenetes tipoloxías de maltrato sofrido, físico, psicolóxico e ata o asesiñato nas mans dos homes maltratadores. Ademais, salienta un coidado especial sobre as criaturas que viven estas situacións e suliña as condutas que levan á violencia machista, para identificalas.[7]
Con motivo do Día das Letras Galegas e desde o Concello de Pontevedra Fajardo escribió O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a mestra que escribía libros, como homenaxe a escritora María Victoria Moreno, galardoada en 2017. Trátase dun percorrido polos lugares que Moreno adoitaba frecuentar, participando da vida social e política de Pontevedra, a través de diferentes testemuñas.[8]
Facendo unha recompilación de datos sobre Virxinia Pereira, para A memoria das Mulleres e a web Do gris ao violeta, decatáronse que entre as cartas a o escritor Otero Pedrayo daban mostras precisas do seu posicionamiento social e político. Montse Fajardo decidiu escribir a súa biografía para recuperar a figura dunha muller comprometida e con ideais propios, incluso antes de casar con Castelao.[9]
En 2020 entrou na directiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.[10]
Dentro do proxecto O pasado por vir, do Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra,[11] participou na elaboración do documental Acorda (2021), que comezou a cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra, co obxectivo de dar a coñecer lugares e feitos relacionados coa represión franquista na provincia a través da música.[12]
Na segunda entrega Acordamos (2023), Fajardo fala da loita antiforal, coa historia de mártires de Sobredo que foron Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis, Joaquín Estévez, de Soutelo de Montes e Venancio González, de Budiño, que foron asasinados o 28 de novembro de 1922 na parroquia tudense de Guillarei.[13]
En 2023 foi colaboradora habitual do faladoiro radiofónico de Radio Arosa-Cadena SER e do xornal Nós Diario.
Foi comisaria e autora dos textos das exposicións itinerantes Sinaladas, a loita das galegas no século XX, (Deputación da Coruña, 2023) e Rexas, mulleres baixo o terror franquista, (Deputación de Pontevedra, 2017). Ademais foi co- comisaria e coautora da exposición Do gris ao violeta (Concello de Pontevedra, 2016).
Forma parte do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega.
Obra
editar- Matriarcas, mulleres en pé de vida (2012). Autoedición.[14]
- Un cesto de mazás, memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu (2015). Autoedición[15]
- “As que quedaron”, no libro Do gris ao violeta. Achega á historia das mulleres pontevedresas (2016). Concello de Pontevedra.[16]
- Invisibles (2017). Editado por Matriarcas e o concello de Pontevedra.[17] Foi traducido pola propia autora e publicado en Edicións do Cumio (2021)[18]
- O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a mestra que escribía libros (2018). Concello de Pontevedra.
- A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira (2020). Concello de Pontevedra.[19]
- ROTAS. As mulleres que o franquismo agochou en Compostela (2024). Concello de Santiago de Compostela. 126 páxs. ISBN 978-84-128055-7-4.[20]
Libros colectivos
editar- Do gris ao violeta. Achega á historia das mulleres pontevedresas (2015). Concello de Pontevedra.
- Pedaleando por Vilagarcia (2016). O faiado da memoria.
- Somos memoria (2021). A.C. 28 de agosto.
- O pasado por vir (2021).
- Acorda (2022).
- Desmontando a propaganda franquista (2022).
- Gestión feminista del hábitat (2022). Centro de Investigaciones y Estudios sobre Cultura y Sociedad. En castelán.
- O pasado por vir II- Un tempo posible (2023).
- O fardel da memoria de Conde Corbal (2023). Deputación de Pontevedra.
- Vigo, 1972 (2023). CC.OO.
- A música represaliada (2023). Deputación de Pontevedra,
Premios
editar- 2018: II Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey polo seu artigo “O universo de Carlos” protagonizado por un neno con autismo.[21][22]
- 2023: Premio SELIC do Concello de Santiago con Onde habita a tolemia. Na modalidade de ensaio, a autora visibiliza a enfermidade mental e a represión institucional contra as mulleres psiquiatrizadas nunha historia ambientada nunha institución mental de Santiago.[23]
- 2023: Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual por Caídas. Achegamento ao Patronato de protección da muller en Galicia.[24]
Notas
editar- ↑ "Montse Fajardo". www.aelg.gal. Consultado o 2023-10-08.
- ↑ Pereiro, Carlos (2022-06-14). "‘A Memoria das Mulleres’ continúa a explorar lembranzas e novos xeitos de manter o legado das pontevedresas". Concello de Pontevedra. Consultado o 2023-10-08.
- ↑ "A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36". AC Alexandre Bóveda. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2023. Consultado o 2023-10-08.
- ↑ "Montse Fajardo Pérez: “As mulleres son as grandes esquecidas da represión franquista”". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2024-03-10.
- ↑ "Montse Fajardo". Noticias de Galicia. Consultado o 2024-03-10.
- ↑ "As mazás do cesto que teceu Montse abandonan o silencio". Pontevedra Viva. 2015-09-25. Consultado o 2024-03-10.
- ↑ "Montse Fajardo: "As mulleres maltratadas non teñen culpa de nada. Só deron cun tipo que resultou ser un criminal"". Praza Pública. 2018-01-21. Consultado o 2024-03-10.
- ↑ culturagalega.org (2018-05-14). "A celebración do Día das Letras pon en valor nos aspectos máis persoais dunha autora moi vencellada a Pontevedra". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2024-03-10.
- ↑ "Presentan o libro sobre Virxinia Pereira, a esposa de Castelao, que loitou porque as súas obras quedaran no Museo de Pontevedra". Pontevedra Viva. 2020-09-17. Consultado o 2024-03-10.
- ↑ Pin, Irene (25/11/2020). "As escritoras protagonizan os cambios na directiva da AELG". Nós Diario.
- ↑ "O pasado por vir - Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico". arquivos.depo.gal. Consultado o 2024-04-08.
- ↑ "'Acorda. Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra' proxéctase o mércores 25 no Cine Seixo". Pontevedra Viva. 2023-01-21. Consultado o 2024-04-08.
- ↑ "Presentan ‘Acordamos’ unha serie de videoclips para dar a coñecer lugares e feitos relacionados coa represión franquista". Pontevedra Viva. 2023-02-17. Consultado o 2024-04-08.
- ↑ Matriarcas. Mulleres en pé de guerra, recensión da obra no blog de Ramón Nicolás.
- ↑ Un cesto de mazás, de Montse Fajardo, crítica do libro a cargo de Ramón Nicolás.
- ↑ Violetas para a Memoria, recensión da obra no blog de Armando Requeixo.
- ↑ Dopico, Montse (21/1/2018). "Montse Fajardo: "As mulleres maltratadas non teñen culpa de nada. Só deron cun tipo que resultou ser un criminal"". Praza Pública.
- ↑ "Invisibles". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 25/1/2022.
- ↑ "Preséntase "A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira"". Do Gris Ao Violeta. 17/9/2020. Consultado o 17/9/2020.
- ↑ "ROTAS - As mulleres que o franquismo agochou en Compostela (PREMIO SELIC 2023)". EDICIÓNS POSITIVAS - Galicia. Consultado o 2024-06-13.
- ↑ "Un artigo sobre a discriminación para coas persoas con autismo gaña o Lueiro Rey de xornalismo". Nós Diario. 2018-10-24. Consultado o 2023-10-08.
- ↑ Redacción (30 de outubro de 2018). "A xornalista Montse Fajardo gaña o "Lueiro Rey" por unha reportaxe sobre o autismo". farodevigo.es. Consultado o 16 d enovembro de 2023.
- ↑ "Montserrat Fajardo, gañadora da edición 2023 dos Premios SELIC con 'Onde habita a tolemia' - Noticias. Ayuntamiento de Santiago de Compostela". santiagodecompostela.gal. Consultado o 2023-12-27.
- ↑ M.X. (2024-03-08). "Montse Fajardo recibe o Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual". Nós Diario. Consultado o 2024-03-08.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montse Fajardo |