Abrir o menú principal

Virxinia Pereira Renda

muller galega

Virxinia Pereira Renda, nada na Estrada o 19 de outubro de 1884 e finada en Madrid o 23 de decembro de 1969, foi a muller de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Virxinia Pereira Renda
Voda de Virxinia e Castelao, 1912.jpg
Voda de Virxinia e Castelao, 1912.
Nome completoVirxinia Pereira Renda
Nacemento19 de outubro de 1884
 A Estrada
Falecemento23 de decembro de 1969
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
PaiCamilo Pereira Freijenedo
CónxuxeAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era filla de Camilo Pereira Freijenedo (Ourense) e Peregrina Renda López (Pontevedra), unha familia acomodada da Estrada.

Coñeceu a Castelao namentres este estudaba Medicina en Santiago, cara a 1909, e casounos o seu amigo Antonio Rey Soto, o 19 de outubro de 1912, na igrexa parroquial da Estrada (San Paio).[1] Tiveron un único fillo, Afonso Xesús, nacido o 30 de xaneiro de 1913 e morto con apenas 15 anos de idade, o 3 de xaneiro de 1928,[2] a consecuencia dunha peritonite.

 
Virxinia e o fillo, Alfonso Xesús.
Conozo a Estrada desde fai moito tempo. Teño da Estrada tantas lembranzas vellas! Eu tomaba o coche de Mato, cando estudaba en Sant-Iago, e marchábame á Estrada, onde tiña unha moza: a filla solteira de Don Camilo Pereira. Con ela me casei, van alá trinta anos, e alí tivemos un fillo, que foi a nosa mellor ilusión e hoxe é a nosa mágoa ("Aos estradenses", en Unión Estradense, Bos Aires, maio 1941, 4)

Existe en Buenos Aires un colectivo de mulleres galegas na emigración, nomeada Herbas de Prata, que concede un recoñecemento co nome de Virxinia Pereira, co obxectivo de homenaxear o traballo anónimo das mulleres galegas que co seu labor privado contribuíron ao desenvolvemento das súas familias e souberon sementar neles o amor e o respecto pola súa orixe galega[3].

Segundo unha revista editada polo Centro Cultural del Partido de La Estrada (de Buenos Aires) en 1986, os restos mortais de Virxinia Pereira e do seu fillo Afonso foron trasladados ese ano ó cemiterio de Figueiroa, na Estrada.

NotasEditar

  1. El Correo gallego : diario político de la mañana: Año XXXV Número 11471 22/10/1912. Contrajeron matrimonio en la villa de La Estrada, el genial caricaturista D. Alfonso Rodríguez Castelao y la bella señorita Virginia Pereira.
  2. Necrolóxica de Alfonso R. Castelao Pereira
  3. "Herbas de Prata busca dúas galegas sobranceiras para o día da muller", post no blog De mujeres y mujeres en la historia, 22 de febreiro de 2009.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar