Premio Xohana Torres
O Premio Xohana Torres é un premio outorgado polo Concello de Santiago de Compostela que honra a figura de Xohana Torres e procura recuperar a memoria histórica das mulleres de Santiago de Compostela. Ten dotación económica.[1]
Traxectoria
editarComezou a convocarse no ano 1993, inicialmente na modalidade de investigación, en 2009 e 2010 reorientouse cara ao ensaio,[2] deixou de convocarse entre os anos 2011 e 2015[3] e recuperouse no ano 2016, orientándoo á recuperación da memoria histórica das mulleres de Santiago de Compostela.[1]
Está dotado con 2500 euros e a publicación da obra polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.[4]
Traballos galardoados
editarEdición ano | Data do veredicto | Traballo premiado | Autoría |
---|---|---|---|
1ª - 1992 | 08/03/93 | As mulleres na economía urbana do Antigo Réxime: Santiago desde o século XVIII | Serrana Rial García |
2ª - 1993 | 08/03/94 | A muller, visión e contribución dos librepensadores ácratas galegos, a través dos xornais obreiros: 1890-1936 | José González Vázquez |
3ª - 1994 | 08/03/95 | Herdanza e signo | Ánxela Rodríguez Rodríguez |
4ª - 1995 | 08/03/96 | Non se presentara ningún traballo | |
5ª - 1996 | 08/03/97 | Heroínas anónimas: as lavandeiras | Mª Mercedes Vega Cerqueiro |
6ª - 1997 | 08/03/98 | A nai solteira en Galicia | María Montaña López |
7ª - 1998 | 08/03/99 | Declarouse deserto | |
8ª - 1999 | 08/03/00 | Nais xornaleiras e emigrantes: unha perspectiva comparativa da muller na emigración americana e europea | María Lombán Pazos |
9ª - 2000 | 08/03/01 | O pensamento feminista do economista compostelán Joaquín Díaz de Rábago (1837-1898) | Susana Martínez Rodríguez |
10ª - 2001 | 08/03/02 | Esquecidas pola Historia: as mulleres compostelás entre 1890 e 1936 | Herminia Pernas Oroza |
11ª - 2002 | 08/03/03 | Voces da Memoria: Galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista | Beatriz Graña Pérez |
12ª - 2003 | 08/03/03 | O traballo das mestras en Galicia: entre a producción e reproducción | Ana Sánchez Bello |
13ª - 2004 | 08/03/04 | Declarouse deserto | |
14ª - 2005 | 08/03/05 | Declarouse deserto | |
15ª - 2006 | 08/03/07 | Declarouse deserto | |
16ª - 2007 | 08/03/08 | Desde o campo e o mar ata o tear e o fogar a invisibilidade rómpese en mil anacos. As mulleres do campo na Galicia da época moderna.[2] | Serrana Rial García |
17ª - 2008 | 08/03/09 | Declarouse deserto | 1 único traballo presentado |
17ª - 2009 | 18/02/09 | Declarouse deserto | |
1º premio de ensaio Xohana Torres | 02/03/10 | Transféminas, ou como deconstruír o corpo co martelo | Iria Presedo Martínez[2] |
2º premio de ensaio Xohana Torres | 03/03/11 | O monte é noso. Conflictividade social no medio rural galego durante o Franquismo. O papel das mulleres na defensa dos montes veciñais en mán común. | Araceli Freire Cedeira[2][5] |
- 2017 - Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista en diálogo con Erín Moure - María Reimóndez[4]
- 2018 - Concha Castroviejo. Arelas de Liberdade - Aurora Marco e Pablo Ces[6]
- 2019 - Xohana Torres, da viúva de vivo á muller navegante - Ana Garrido González[7]
- 2020 - Rosa María Taboada Rey, Na procura da lus na modalidade na modalidade de creación audiovisual.[8]
- 2023 - Montse Fajardo, Caídas. Achegamento ao Patronato de protección da muller en Galicia.[9][10]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Premio Xohana Torres". Concello de Santiago de Compostela. Consultado o 16 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "A USC e o Concello de Santiago recuperan o Premio Xohana Torres". Xornal USC. 4 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ "O Concello de Santiago deixa morrer o Premio de Investigación Xohana Torres". IES Cacheiras. 29 de decembro. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 "Reimóndez gaña o Xohana Torres cun ensaio sobre a tradución de Rosalía e Erín Moure". Sermos Galiza. 9 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Histórico de Premios Xohana Torres" (PDF). Consultado o 18 de xaneiro de 2019.
- ↑ Yuri Carrazoni (7 de marzo de 2018). "Un documental sobre Concha Castroviejo gaña o II Premio Xohana Torres". Nós Televisión. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ Diario, Nós. "Xohana Torres, a muller navegante que rachou coas viúvas de vivos". Nós Diario. Consultado o 2020-06-06.
- ↑ "PREMIO XOHANA TORRES". Cim Compostela. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2024. Consultado o 2024-03-08.
- ↑ Diario, Nós (2024-03-08). "Montse Fajardo recibe o Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual". Nós Diario. Consultado o 2024-03-08.
- ↑ Triñáns, Ana (2024-03-09). "Montse Fajardo gaña o Xohana Torres con ‘Caídas’, ensaio sobre o Patronato das mulleres no fraquismo". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-04-16.