Memoria histórica

A memoria histórica é un concepto historiográfico que foi desenvolvido a partir de mediados do século XX, e cuxa formulación primeira é decote atribuída ao francés Pierre Nora, quen, a grandes trazos, viña a designar a memoria histórica coma o esforzo consciente dos grupos humanos por entroncar co seu pasado, sexa este real ou imaxinado, valorándoo e tratándoo con especial respecto.

En España, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) tenta recuperar restos e corpos silenciados pola ditadura.

Galería de imaxes

editar

Notas

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar