Concha Castroviejo

xornalista e escritora galega

Concepción Castroviejo Blanco-Cicerón, nada en Santiago de Compostela en 1910 e finada en Madrid o 9 de decembro de 1995,[1] foi unha xornalista e escritora galega. Moitas das súas obras foron traducidas ao francés, eslovaco, inglés e holandés.[2]

Modelo:BiografíaConcha Castroviejo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Concepción Castroviejo Blanco-Cicerón Editar o valor en Wikidata
1913 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de decembro de 1995 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, xornalismo e crítica literaria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, escritora, novelista, crítica literaria Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJoaquín Seijo Alonso Editar o valor en Wikidata
FillosMaría Antonia Seijo Castroviejo Editar o valor en Wikidata
PaiAmando Castroviejo Nobajas Editar o valor en Wikidata
IrmánsXosé María Castroviejo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of Women Worldwide Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1142049 BUSC: castroviejo-concepcion-1910-1995 Dialnet: 1031028 Nomes e Voces: 21900

Traxectoria

editar

Filla de Amando Castroviejo Nobajas, catedrático de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela, irmá de Xosé María Castroviejo e neta de Ricardo Blanco-Cicerón. Estudou no colexio de freiras de Praceres (Marín) e, cando morreu o seu pai, fixo o bacharelato en dous anos e rematou Filosofía e Letras na USC. Na Universidade integrouse nos círculos republicanos e coñeceu a Francisco Comesaña Rendo, Borobó e Joaquín Seijo Alonso, con quen tiña previsto casar o 25 de xullo de 1936, enlace que non se celebrou polo estoupido da Guerra civil española, iniciada unha semana antes.

Testificou no xuízo sumarísimo de Francisco Comesaña en Compostela o 23 de decembro de 1936, o que a colocou nunha posición difícil. A principios de 1937 aproveitou unha viaxe de Gaspar Massó García e marchou a Bordeos. Despois reuniuse con Joaquín Seijo en Valencia, onde por fin casaron. Pasou a residir en Barcelona até a derrota do bando republicano en Cataluña en febreiro de 1939, cando tivo que fuxir a Francia. Conseguiu chegar a Bordeos e viviu alí até marchar para México, vía Nova York, no vapor Normandía.[3] No exilio mexicano traballou en San Francisco de Campeche, Tijuana e, sobre todo, en Cidade de México.

En decembro de 1949 retornou a Galicia, chegando ao porto da Coruña coa súa filla. Traballou en La Noche de 1951 a 1953, onde fixo moi popular o pseudónimo de Asela.[4] Ao mesmo tempo fixo os cursos para obter o carné de xornalista en Madrid. En setembro de 1953 marchou a Madrid a traballar en Informaciones. Membro da Asociación Internacional de Críticos Literarios, formou parte do xurado dos Premios da Crítica. Escribiu en Ínsula, La Estafeta Literaria, Cuadernos de Occidente, Cuadernos Hispanoamericanos, Blanco y Negro e Grial.

Despois dunha enfermidade vascular e dexenerativa que a afastou da vida pública durante dez anos, morreu na súa casa de Ribera del Manzanares en decembro de 1995.

 
Amando Castroviejo con Xosé María, Concha, Pilar e Ana María. 1926.
  • Los que se fueron (1957).
  • Víspera del odio (1959).
  • El jardín de las siete puertas (1961).
  • El zopilote presumido (1964, Doncel).
  • Los piratas de “la terrible” (1964, Doncel).
  • Los días de Lina (1971).
  • En las praderas del Gran Manitú (2020, Tandaia).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar