Gaspar Massó García
Gaspar Massó García, nado en Bueu en 1892 e finado en Vigo o 18 de febreiro de 1991,[1] foi un industrial conserveiro e escritor galego.
Gaspar Massó García | |
---|---|
Nacemento | 1892 |
Bueu | |
Falecemento | 18 de febreiro de 1991 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | emprendedor, escritor, procurador en cortes e político |
Fillos | Enrique Massó Bolíbar |
Irmáns | José María Massó García |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Gaspar Massó Ferrer. Da terceira xeración da empresa conserveira Massó, foi presidente da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (ANFACO) entre 1935 e 1937. Foi deputado provincial (1920-1929). Colaborou na fundación do Museo de Pontevedra, no establecemento da Misión Biolóxica de Galicia, na edición de Cien obras de la colección Massó e participou na elaboración do Diccionario de la lengua española da Real Academia Española (da que foi membro correspondente) con numerosas achegas técnicas. Foi procurador en Cortes (1943-1946) como empresario pertencente ao Sindicato Nacional de Pesca.
Xerou abundantes patentes de maquinaria para tratar o peixe das conservas. Foi pioneiro en rotular en galego nas súas fábricas.
ObrasEditar
- Cantares populares gallegos
- Itinerarios turístico gastronómicos de la provincia de Pontevedra, 1964
- Nuestro futuro alimenticio: pesca y conservas, 1964
- Comentarios gastronómicos, apéndices sobre Economía Conservera, 1967
- Origen y desarrollo de la industria conservera en Galicia, 1967
- Pedro Madruga de Soutomayor, caudillo feudal, 1975.
Vida persoalEditar
Casou en maio de 1929 con Amalia Bolívar Sequeiros, filla de Tomás Bolívar Massó.[2]
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Muñoz Abeledo, Luisa (2006). CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia, ed. "O gran patrón da industria pesqueira e conserveira" in Empresarios de Galicia. pp. 413–431.