José María Massó García

empresario, escritor, fotógrafo e político galego

José María Massó García, nado en Bueu o 31 de decembro de 1899 e finado en 1981, foi un empresario, escritor, fotógrafo e político galego.

Modelo:BiografíaJosé María Massó García
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1899 Editar o valor en Wikidata
Bueu, España Editar o valor en Wikidata
Morte1981 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Alcalde de Bueu
1939 – 1971
← Perfecto García LemosJosé Benito Otero Baena → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsGaspar Massó García Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1024538

Traxectoria

editar

Fillo de Gaspar Massó Ferrer, da terceira xeración da empresa conserveira Massó. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe da 2ª liña de Falange un dos principais represores de Bueu.[1] Sostivo enfrontamentos pola intensidade represora co alcalde Camilo Davila Davila.[2] Logo do cesamento do alcalde Perfecto García Lemos polo gobernador civil foi nomeado alcalde de Bueu tomando posesión o 24 de xaneiro de 1939.[3] Permaneceu no cargo ata 1971 e foi deputado provincial. Apartou ao seu irmán Gaspar da máxima responsabilidade da empresa e da súa xestión, converténdose en xerente. Grazas aos seus contactos co poder político ampliou o seu imperio empresarial, recibiu a concesión para a posta en marcha das factorías baleeiras de Caneliñas e Morás e expandiu a empresa coas fábricas de conservas de Barbate e Avilés.

Vinculado cos deportes e co estudo de temas relacionados co mar, publicou Barcos en Galicia. De la prehistoria hasta hoy del Miño al Finisterre, e realizou un estudo arqueolóxico, xeográfico e histórico de Bueu e da súa comarca. Creou o Museo do Mar en Bueu co seu irmán Gaspar.


Predecesor:
Perfecto García Lemos
  
Alcalde de Bueu
 
1939 - 1971
Sucesor:
José Benito Otero Baena

Vida persoal

editar

Casou en 1929 con María de los Ángeles Bolívar Sequeiros, filla de Tomás Bolívar Massó, e foi pai de Tomás Massó Bolívar.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar