Camilo Davila Davila
Camilo Davila Davila, nado en 1886 e finado na Pobra do Caramiñal o 26 de decembro de 1982,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1886 |
Morte | 26 de decembro de 1982 (95/96 anos) A Pobra do Caramiñal, España |
Alcalde de Bueu | |
1936 – 1937 ← Johán Carballeira – Perfecto García Lemos → | |
Alcalde de Bueu | |
1925 – 1930 ← Jesús Prieto García – Francisco Domínguez Cabanillas → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarNa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Bueu en novembro de 1925.[2] Presentou a súa renuncia xunto con toda a corporación municipal en febreiro de 1930. Volveu ser nomeado concelleiro e elixido primeiro tenente alcalde na corporación presidida por Perfecto García Nogueira en xaneiro de 1931.[3] Na República foi elixido presidente da Unión Regional de Derechas de Bueu en xullo de 1932.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e despois duns días nos que se fixo cargo da alcaldía o subdelegado de Mariña de Bueu Gonzalo Torrente Piñón, foi nomeado alcalde de Bueu a principios de agosto.[5] Sostivo enfrontamentos pola intensidade represora con José María Massó García.[6] Permaneceu no cargo até 1937. Finou na Pobra do Caramiñal aos 96 anos.
Predecesor: Jesús Prieto García |
Alcalde de Bueu 1925 - 1930 |
Sucesor: Francisco Domínguez Cabanillas |
Predecesor: José Gómez de la Cueva |
Alcalde de Bueu 1936 - 1937 |
Sucesor: Perfecto García Lemos |
Vida persoal
editarCasou en Santiago de Compostela con Constantina Agulla Barros en 1932,[7] e foi pai de Camilo, Manuela, Enrique, José, Teresa e Santiago Davila Agulla.