Unión Regional de Derechas
A Unión Regional de Derechas (URD) foi un partido político galego integrado na CEDA.

Historia e característicasEditar
Ao longo do ano 1931 e 1932 constituíronse nas cidades galegas agrupacións ligadas ao conservadorismo católico de Ángel Herrera Oria e José María Gil Robles que en 1932 se uniron para formar a URD, e en marzo de 1933 participou na constitución da CEDA agrupando a maioría das forzas da dereita posibilista en Galicia. O seu líder era Gil Casares. Os deputados da URD mostráronse moi activos na defensa dos intereses agropecuarios galegos xa que contaba cunha sólida infraestrutura no agrarismo grazas á formación de sociedades agrarias católicas durante a Ditadura e en xeral aparecía máis moderado cá CEDA estatal, chegando mesmo algún dos seus dirixentes a declararse autonomista[1].
As súas mocidades, Juventudes de la Unión Regional de Derechas formáronse en 1934, aínda xa antes había algunhas agrupacións locais e sobre todo a partir de 1935 experimentaron un proceso de fascistización semellante á das mocidades de Acción Popular.
Trala sublevación franquista unha parte dos seus cadros e militantes integráronse na Falange Española de las JONS ou nas institucións do novo réxime.
ElecciónsEditar
Nas eleccións de 1933 a URD obtivo 9 escanos, deles 4 na provincia da Coruña, e nas eleccións de 1936 conseguiu 8 escanos.
NotasEditar
- ↑ Bernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Vigo, 1988, páx. 27-28