José Portal Fradejas
José Fernández-Portal Fradejas, nado en Pontevedra e finado en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1942,[1] foi un avogado, político e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Pontevedra, España |
Morte | 13 de maio de 1942 Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político, avogado |
Partido político | Comunión Tradicionalista Partido Católico Tradicionalista Unión Regional de Derechas |
Traxectoria
editarEstudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi presidente da Junta Carlista de Santiago de Compostela. Terciario franciscano. Influído por Juan Vázquez de Mella, do que se considera discípulo e continuador. Foi deputado provincial en 1923.[2] Na República foi presidente da Unión Regional de Derechas de Santiago de Compostela e da asociación Defensores de Santiago, constituída en 1933. Foi redactor de El Pensamiento Español e Galicia Nueva, colaborou en El Debate, El Correo de Galicia, Vida Gallega, El Requeté, Alma Galaica e El Compostelano. Recibiu a cruz vermella do Mérito Militar.
Obras
editar- Gratitud al Ejército. Discurso pronunciado por Don José Portal Fradejas en "Unión Radio Coruña" el 12 de agosto de 1936, 1936.
- Emociones de España. Julio-agosto 1936, 1936.
Recoñecementos
editar- Cruz Vermella do Mérito Militar.
Vida persoal
editarCasou en Santiago de Compostela con Luisa Ladrón de Guevara Enríquez, filla de Manuel Ladrón de Guevara Saavedra, en 1922,[3] e foi pai de José Portal Ladrón de Guevara.