Juan Vázquez de Mella

Juan Vázquez de Mella Fanjul, nado en Cangas de Onís o 8 de xuño de 1861 e finado en Madrid o 26 de febreiro de 1928, foi un político tradicionalista, escritor e filósofo católico español.

Juan Vázquez de Mella
Nome completoJuan Vázquez de Mella y Fanjul
Nacemento8 de xuño de 1861
Lugar de nacementoCangas de Onís
Falecemento26 de febreiro de 1928
Lugar de falecementoPaseo del Prado
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico, escritor e filósofo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo de Juan Vázquez de Mella Varela, tenente coronel retirado natural de Boimorto, e de Teresa Fanjul, nada en Cangas de Onís. Quedou orfo de pai con seis anos. Estudou no seminario de Valdediós entre 1874 e 1877, e rematado o bacharelato trasladouse coa súa nai a Boimorto. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela onde dirixiu o periódico El Pensamiento Galaico. De elocuente palabra, portentosa memoria e brillante capacidade para a oratoria e a política, abrazou a causa do carlismo. Deputado ás Cortes de 1893 a 1916, elixido polos distritos de Aoiz, Estella e varias veces por Pamplona. Cando presentou a súa candidatura a deputado por Oviedo foi derrotado pola coalición que reformistas e socialistas presentaron contra os conservadores. Presentou ás Cortes de Madrid unha vigorosa petición solicitando que fose declarada ilegal, facciosa e traidora á Patria a Masonería, eliminando dos empregos públicos aos masóns. Participou no Congreso antimasónico de Trento en 1896[1].

Vázquez de Mella era xermanófilo o que o conduciu a unha soada separación con Xaime de Borbón, que ademais de pretendente á coroa era aliadófilo. Xaime de Borbón, que fora confinado polos austríacos no seu castelo próximo a Viena, publicou en 1918 un manifesto dirixido aos tradicionalistas españois desautorizando aos que tivesen exteriorizado os seus sentimentos xermanófilos: Vázquez de Mella opúxose ao documento e nese cisma orixinouse a escisión que o levou a fundar en 1918 o Partido Católico Tradicionalista.

Coa ditadura de Primo de Rivera apártase da política, debido tamén a problemas de saúde.

Pensamento Editar

As ideas centrais no seu pensamento eran a Tradición, a monarquía, a unidade de España a través do rexionalismo e do foralismo e a concepción orgánica da sociedade onde se reclama a soberanía non para o Estado senón para a sociedade a través das súas organizacións naturais: a familia, o municipio, a rexión.

Notas Editar

  1. "El Congreso Animasónico de Trento de 1896, por José María de Domingo-Arnau y Rovira". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2008. Consultado o 02 de abril de 2008. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Lira, Osvaldo, Nostalgia de Vázquez de Mella, Difusión Chilena [Colección Verbo], Santiago de Chile 1942, 239 páxs. 2ª edición, Editorial Andrés Bello, Santiago de Chile 1979, 363 páxs.
  • Arduengo Caso, José, Juan Vázquez de Mella y Fanjul. (Pensamiento filosófico), 1984.
  • Sevilla Benito, Francisco, Sociedad y regionalismo en Vázquez de Mella. La sistematización doctrinal del carlismo, 2008.

Ligazóns externas Editar