El Requeté
El Requeté foi un semanario editado na Coruña entre 1911 e 1913.
El Requeté | |
---|---|
Fundación | 1911 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Órgano de la Juventud Jaimista de La Coruña, apareceu o 10 de decembro de 1911. Publicou fotograbados e caricaturas e poemas en galego. Entre os seus colaboradores figuraron Juan Bravo, José María Moar, Carolino Costa Márquez, Emilio Villelga Rodríguez, José Portal Fradejas, Francisco Aguinaga Galarza, Sancho Dávila, Isaac Rodríguez e o conde de Kenty. Cesou a súa publicación non antes de finais de 1913.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Navarro Cabanes, José (1917). Apuntes bibliográficos de la prensa carlista. Valencia: Sanchís, Torres y Sanchís. pp. 267–268.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. p. 464. ISBN 84-7492-489-8.