José María Moar

avogado, escritor e xornalista galego

José María Moar Fandiño, nado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1868 e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 1934[1], foi un avogado, escritor e xornalista galego.

José María Moar
Retrato en Vida Gallega, 1932.
Nacemento9 de febreiro de 1868
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento17 de novembro de 1934
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, avogado e profesor universitario
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi terciario franciscano e carlista. Profesor de historia da Escola Normal de Santiago de Compostela, na República foi retirado do ensino concedéndolle o retiro forzoso. Participou na sección de literatura do Ateneo de Santiago e traballou durante un tempo na RAG. Dirixiu o efémero semanario El Ideal Campesino e colaborou en El Requeté, El Compostelano e Lealtad.

Obras editar

  • El absentismo y la escuela, 1907.
  • El trabajo manual educativo. Medios para implantarlo de un modo eficaz en las escuelas de Primera Enseñanza, 1907.
  • Apuntes biográficos de Don Juan Ignacio de Armada, Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, 1911.
  • De pedagogía, 1912.

Vida persoal editar

Casou con María V. Arias Carvajal.

Notas editar

  1. El Compostelano, 19-11-1934, p. 1.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar