Lealtad (Santiago de Compostela)

Lealtad foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1934.

Lealtad
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Órgano do Centro Jaimista de Santiago de Compostela, apareceu o 7 de maio de 1934.[1] Subtitulado Órgano de la Juventud Tradicionalista de Santiago desde o número 10. De periodicidade semanal, tiña tendencia tradicionalista, católico-radical, antiliberal e antidemocrático. Entre os seus colaboradores figuraron Martín Manterola Lazcano, Jesús de Cora Lira, Ángel Pascua, Joaquín Domenech Hors, José María Moar, Ramón Canle, Pedro González Mariño e Manuel Carnota Aradas. Publicou en folletón Página de Gloria. Gómez en Santiago de José María Moar. O 23 de xullo de 1934 publicou un número extraordinario. Cesou non antes de agosto de 1934.

Notas editar

  1. El Compostelano, 8-5-1934, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar