Jesús Cora Lira

avogado, militar, político e xornalista tradicionalista galego
(Redirección desde «Jesús de Cora Lira»)

Jesús Cora Lira, nado en Viveiro en 1890 e finado na mesma vila o 8 de abril de 1969[1], foi un avogado, militar, político e xornalista tradicionalista galego, dirixente da facción do carlismo coñecida como carloctavismo.

Infotaula de personaJesús Cora Lira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jesús de Cora y Lira Editar o valor em Wikidata
1890 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de abril de 1969 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , avogado , xuíz , político , militar , xornalista Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioGoiriz
Incógnito Leal
J. de Arco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJesús Cora Cora Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Jesús de Cora Cora. Avogado. Tradicionalista e maurista. Foi presidente da Juventud Antoniana de Lugo[2]. Foi redactor-xefe (1916-1918)[3] e logo director de La Voz de la Verdad no que fixo campaña polo cooperativismo agrario, e correspondente en Lugo de El Ideal Gallego[4]. Fundou o Sindicato Católico Obrero de Lugo[5]. Nas eleccións a Cortes de 1918 foi candidato rexionalista polo distrito de Lugo[6], pero non foi elixido.

Entrou no Corpo Xurídico da Armada e foi secretario da Asesoría Xurídica do Ministerio de Mariña, e posteriormente fiscal da Escuadra e Auditor do Departamento de Ferrol e da Xurisdición Central.[7]

En 1930 era xuíz municipal do distrito do Hospicio de Madrid[8]. Ese ano fundou en Madrid o Secretariado de Galicia e foi redactor de El Cruzado Español. Pola súa lealdade a don Jaime, foi nomeado cabaleiro da Orde de la Legitimidad Proscrita. En 1931 foi nomeado xefe provincial en Madrid da Comuñón Tradicionalista[9]. Debido á súa negativa a aceptar que a sucesión da dinastía carlista puidera recaer na rama afonsina e á súa actitude de rebeldía, en 1932 foron expulsados do partido os redactores de El Cruzado Español que se autotitularon o Núcleo da Lealdade. Jesús Cora publicou o folleto Estudios jurídicos, históricos y políticos. El futuro Caudillo de la Tradición española[10], no que sostiña que o sucesor de Alfonso Carlos debía ser adicto ao programa político e relixioso da Comuñón Tradicionalista, afirmando que aínda que no Regulamento de sucesión de 1713 se preferían as liñas masculinas, as femininas non quedaban totalmente excluídas, polo que os dereitos á coroa de España recaían no fillo de Blanca de Borbón y Borbón-Parma, filla de Carlos VII, último monarca reinante segundo os carlistas[11].

Anunciou a súa candidatura ás eleccións a Cortes de 1933[12], pero despois de realizar unha viaxe a Madrid para ultimar a candidatura, fixo pública unha carta na que explicou que a Unión de Derechas y Agrarios de Lugo vetaba a súa presenza na lista da coalición, e optou por retirar a súa candidatura[13]. En 1936 reintegrouse na Comuñón Tradicionalista, pero separouse de novo da rexencia de Javier de Borbón-Parma en 1943, sendo xefe do carloctavismo,[7] cuxa estrutura organizativa sería denominada Comunión Carlista o Comunión Católico-Monárquica.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado conselleiro togado do Consello Supremo de Xustiza Militar (1942), foi ascendido a coronel[14] e posteriormente a xeneral auditor do Corpo Xurídico Militar da Armada[15]. En 1947 foille concedida a Gran Cruz da Orde do Mérito Militar[16].

En 1943 encabezou o grupo herdeiro do Núcleo da Lealdade (ou carlo-octavistas) que, con certo apoio dentro do réxime franquista, recoñeceu a Carlos de Habsburgo-Lorena como rei co nome de Carlos VIII. Participou no Primeiro Congreso de Estudos Tradicionalistas celebrado en 1964 en Madrid polo Centro de Estudios Históricos y Políticos General Zumalacárregui, que foi unha das bases do libro ¿Qué es el Carlismo?[17].

Faleceu en 1969 en Viveiro, onde residía dende o seu retiro[1][5].

Obras editar

  • Estudios jurídicos, históricos y políticos. El futuro Caudillo de la Tradición española (1932)[18]
  • Carlos VIII. Monarca tradicionalista. Pensamiento religioso e ideario político y social del actual representante de la Dinastía Legítima española. Su visión de los grandes problemas de nuestra Patria (1953)[19].

Artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Necrológicas: Don Jesús de Cora y Lira". ABC: 55. 9 de abril de 1969. 
  2. El Progreso, 19-2-1916, p. 2.
  3. El Norte de Galicia, 26-11-1917, p. 2.
  4. El Progreso, 4-4-1917, p. 4.
  5. 5,0 5,1 "Vivero (Lugo): Sepelio de los restos mortales del general don Jesús Cora y Lira". La Vanguardia Española: 9. 9 de abril de 1969. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  6. El Progreso, 24-2-1918, p. 1.
  7. 7,0 7,1 Ferrer, Melchor. Historia del Tradicionalismo Español, tomo XXX, vol. I. Editorial Católica Española. p. 37. 
  8. "Hospicio. Edicto". Boletín Oficial de la Provincia de Madrid: 4. 3 de xaneiro de 1930. 
  9. "Nuevo jefe provincial tradicionalista de Madrid". El Siglo Futuro: 1. 16 de decembro de 1931. 
  10. Unamuno, Miguel (3 de abril de 1932). "Comentario. Sobre el pleito dinástico". El Sol: 1. 
  11. Galindo Herrero, Santiago (1954). Historia de los partidos monárquicos bajo la Segunda República. p. 69. 
  12. El Progreso, 19-10-1933.
  13. El Progreso, 12-11-1933.
  14. "Los condiscípulos del Caudillo en Ferrol le dedican un álbum". El Progreso: 4. 2 de xuño de 1940. 
  15. "Pontifical en el altar de la plaza de Pío XII. Llegada del gobierno y otras personalidades". Hoja Oficial de la Provincia de Barcelona: 2. 2 de xuño de 1952. 
  16. "Referéndum para la Ley de Sucesión de la Jefatura del Estado". Hoja Oficial del lunes: 3. 6 de xuño de 1947. 
  17. ¿Qué es el Carlismo? (PDF). Escelicer. 1971. p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de febreiro de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  18. Galindo Herrero, Santiago (1954). Historia de los partidos monárquicos bajo la Segunda República. p. 183. 
  19. MacClancy, Jeremy (2000). The Decline of Carlism. University of Nevada Press. p. 324. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2016.