Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia
As segundas eleccións ás Cortes españolas da II República celebráronse o 19 de novembro de 1933. A lei electoral establecía un sistema maioritario de listas abertas, a lista maioritaria obtiña o 80% dos escanos por circunscrición e reservábase para as minorías o outro 20%. Tiñan dereito ao voto os maiores de 23 anos e por primeira vez en España tiñan dereito de voto as mulleres.
As malas relacións entre os republicanos e os socialistas fixo que presentaran candidaturas separadas, o que favoreceu á dereita que presentaba listas conxuntas.
A circunscrición electoral da Coruña elixía 17 deputados, a de Lugo 10 deputados, a de Ourense 9 deputados e a de Pontevedra 13 deputados, en total en Galicia elixíanse 49 deputados.
Resultados
editarEn toda Galicia os radicais e as candidaturas da dereita resultaron gañadores. O Partido Radical conseguiu 15 escanos, a Unión Regional de Derechas (integrada na CEDA) 10, Renovación Española 7, Partido Republicano Gallego 6, Partido Republicano Conservador 4 e os independentes 7.
A Coruña
editarNa provincia da Coruña presentouse unha lista conxunta do PRG, o Partido Republicano Conservador, o Partido Radical e algúns independentes que vai ser a lista máis votada na provincia: O PRG consegue 6 escanos, o PR 2 e o PRC 1.
A candidatura de dereitas, que agrupaba a CEDA, os agrarios, monárquicos e independentes de dereita consegue 4 deputados para a CEDA, 2 para RE.
Os dous deputados restantes foron para candidatos independentes e quedaron sen escano o PSOE, Partido Galeguista, o PCE o Partido Republicano Radical Socialista e o Partido Federal.
Deputados electos pola provincia da Coruña
editar- Benito Blanco-Rajoy
- Felipe Gil Casares
- Emilio González López
- Ángel Aperribay y Pita da Veiga
- Eduardo O'Shea y Verdes Montenegro
- José Calvo Sotelo
- José María Méndez Gil Brandón
- Antonio Rodríguez Pérez
- José Miñones Bernárdez
- Manuel Iglesias Corral
- José del Moral Sanjurjo
- Alejandro Rodríguez Cadarso
- Eugenio Vázquez Gundín
- Santiago Casares Quiroga
- José Reino Caamaño
- José García Ramos y Segond
- Leandro Pita Romero
Lugo
editarNa provincia de Lugo o PRG presentouse en solitario e non conseguiu escano ningún. O Partido Radical e o Partido Republicano Conservador presentou unha lista conxunta que conseguiu 3 deputados para o PR e 2 para o PRC.
A Coalición de Dereitas deu 2 escanos a CEDA, 1 a RE e 2 a independentes.
As listas do Partido Galeguista e do Partido Radical Socialista non conseguiron escano.
Deputados electos pola provincia de Lugo
editar- Manuel Becerra Fernández
- Enrique Gómez Jiménez
- Gumersindo Rico González
- Luis Rodríguez de Viguri
- Felipe Lazcano Morales de Setién
- José María Montenegro Soto
- Manuel Saco Rivera
- Luis Recasens Siches
- Ubaldo de Azpiazu Artazu
Ourense
editarNa provincia de Ourense o Partido Radical presentouse en solitario e conseguiu 4 escanos, a Candidatura de Dereitas que unía a CEDA, a Renovación Española, os tradicionalistas e a independentes conseguiu 3 escanos para RE, 1 para a CEDA e 1 para un candidato independente próximo a esta.
A candidatura de republicanos de esquerda, que unía o PRG, o Partido Radical Socialista e o PG entre outros, non conseguiu escanos.
Deputados electos pola provincia de Ourense
editar- José Sabucedo Morales
- José Calvo Sotelo
- Basilio Álvarez Rodríguez
- Justo Villanueva Gómez
- Antonio Taboada Tundidor
- Luis Fábrega Santamarina
- Fernando Ramos Cerviño
- Andrés Amado y Reygondaud de Villebardet
- Carlos Taboada Tundidor
Pontevedra
editarDeputados electos pola provincia de Pontevedra
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Alfonso Bozzo, Alfonso (1976). Los partidos políticos y la autonomía en Galicia (1931-1936). Madrid: Akal. ISBN 84-7339-135-7.
- Grandío Seoane, Emilio (1999). Caciquismo e eleccións na Galiza da II República. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-89976-84-8.
- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Velasco Souto, Carlos Francisco (2000). Galiza na II República. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-95350-16-5.