Severino Barros de Lis
Antonio Severino Barros de Lis, nado en Cerdedo-Cotobade en 1887 e finado en Madrid o 9 de maio de 1939,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1887 Cotobade, España |
Morte | 9 de maio de 1939 (51/52 anos) Madrid, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Confederación Española de Derechas Autónomas 26 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
1 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Fillos | Jesús Barros de Lis |
Traxectoria
editarEstudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Gañou a oposición á Xudicatura e á de Secretarios xudiciais. Foi xuíz en varias localidades españolas e secretario xudicial na Audiencia de Burgos. Finalmente desempeñou a secretaría da Sala Terceira do Tribunal Supremo de España. Xa en decembro de 1930 manifestou o seu propósito de presentarse como candidato a deputado polo distrito de Ponte Caldelas con carácter agrario-rexionalista.[2] Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas listas da CEDA nas eleccións xerais de 1933 e 1936. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colleuno en Madrid, onde permaneceu agochado durante a guerra civil.[1]
Vida persoal
editarPrimo de Manuel de Lis Varela. Casou con Carmen Gaspar e foi pai de Jesús Barros de Lis Gaspar.