Manuel Saco Rivera

avogado e político galego

Manuel Saco Rivera, nado en Sarria en 1906 e finado na mesma vila o 28 de agosto de 1938, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaManuel Saco Rivera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
Sarria, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 1938 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
Sarria, España Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
2 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Lugo (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiManuel Saco Pradeda Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Manuel Saco Pradeda, avogado, xuíz municipal e representante de Pepe Benito en Sarria nas primeiras décadas do século XX. Licenciado en dereito, autor dalgunhas pezas teatrais e deportista, participou de xeito moi activo en diferentes campañas políticas. Nas eleccións xerais de 1933 foi elixido deputado pola provincia de Lugo como republicano independente, pero formou parte do Grupo Parlamentario Agrarista cos seus paisanos Luis Rodríguez de Viguri e Felipe Lazcano Morales de Setién. Abandonou o grupo a finais de 1934 e non se integrou no Partido Agrario Español. Foi candidato pola CEDA nas eleccións de febreiro de 1936, pero non resultou elixido. Amigo de Nicolás Franco, traballou na preparación do golpe de estado desde Portugal, efectuando varias viaxes a Galicia. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e o nomeamento de Franco como xefe do Estado, trasladouse a Salamanca onde traballou na Secretaría Xeral do Estado con Pedro José Carrión ás ordes de Nicolás Franco.[1] Asociouse co falanxista Mario González Zaera nunha comunidade de intereses políticos e económicos. Logo da chegada de Ramón Serrano Suñer en febreiro de 1937, deixou o seu posto na Secretaría Xeral e volveu a Galicia. Foi asasinado a finais de agosto de 1938 en atentado político de escuras motivacións, ao ser abatido a tiros ao saír do Casino de Sarria. Os autores do asasinato foron Manuel Díaz López "Chaquetón" e Manuel Castro Castro "Eirexalba", que foron detidos rapidamente xunto co indutor, o xefe local de Falange, Eduardo Gómez Requejo. Os detidos ingresaron no cárcere de Lugo xunto co xefe provincial de Falange Ramón Martínez Losada. Foron procesados e xulgados en consello de guerra, sendo executados os autores no patio do cárcere de Lugo o 30 de agosto de 1938.[2] Ao indutor do crime, Eduardo Gómez Requejo, Franco concedeulle o indulto polo primeiro aniversario da vitoria, en abril de 1940.[3]

  1. Lo que han hecho en Galicia: violencia, represión y exilio, 1936-1939, p. 64
  2. Fernández Santander, Carlos (2000). Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-1939). Sada: Do Castro. pp. 881–883. ISBN 84-7492-951-2. 
  3. El Pueblo Gallego, 3-4-1940, p. 1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Juana, Jesús de e Prada Rodríguez, Julio (2006). Lo que han hecho en Galicia: violencia, represión y exilio, 1936-1939. Barcelona: Crítica. ISBN 978-84-8432-782-0. 

Ligazóns externas

editar