José García Ramos

médico e político galego
(Redirección desde «José García Ramos y Segond»)

José García Ramos y Segond, nado en Santiago de Compostela o 16 de agosto de 1875 e finado na Coruña o 3 de outubro de 1970,[1] foi un médico e político galego, irmán de Alfredo García Ramos.

José García Ramos
Nome completoJosé García Ramos y Segond
Nacemento16 de agosto de 1875
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento3 de outubro de 1970
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico, dermatologista e médico
IrmánsAlfredo García Ramos
editar datos en Wikidata ]
José García Ramos, retrato en Vida Gallega, 1936.

Traxectoria editar

Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en dermatoloxía e medicina forense; inventou un eléctrodo para aplicar a diatermia. Foi vicepresidente da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e en 1929 ingresou na masonería. Durante a Segunda República foi elixido deputado pola provincia da Coruña polo Partido Republicano Radical nas eleccións xerais de 1933 e por Unión Republicana nas de 1936.

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno na Coruña. Foi encarcerado na prisión provincial, onde traballou como médico na enfermería. Despois da guerra foi xulgado polo Tribunal Especial de Represión da Masonería e do Comunismo e condenado e inhabilitado. Despois de pasar uns anos nas prisións de Burgos e El Puerto de Santa María, volveu á Coruña, onde continuou exercendo de dermatólogo.

Foi médico forense dos Xulgados da Coruña, e vicepresidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e Asturias.

Vida persoal editar

Casou con Pilar Platas Freire e foi pai de José Ramón, Carmelina e Aurita.

Notas editar

  1. Necrolóxica en la Voz de Galicia, 4-10-1970, p. 13.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar