Alfredo García Ramos
Alfredo García Ramos, nado en Cumeiro (Vila de Cruces) o 7 de febreiro de 1877 e finado en Caldas de Reis o 21 de agosto de 1934, foi un xornalista, escritor e xurista galego.
Alfredo García Ramos | |
---|---|
![]() Retrato en Vida Gallega, 1934. | |
Nome completo | Alfredo García Ramos |
Nacemento | 7 de febreiro de 1877 e 1877 |
Lugar de nacemento | Cumeiro e Vila de Cruces |
Falecemento | 21 de agosto de 1934 |
Lugar de falecemento | Caldas de Reis |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, escritor, político, xurista, avogado e autor |
Irmáns | José García Ramos |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo do médico Manuel García Segond e irmán do tamén deputado na Segunda República José García Ramos, Alfredo licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1897. Exerceu como avogado en Arzúa e abriu bufete na Coruña en 1899. Colaborou en El Eco de Santiago, Gaceta de Galicia, El Noroeste, La Voz de Galicia, El Látigo, Luz y Sombra, Galicia en Madrid e Galicia da Habana; foi redactor de Diario de La Coruña, do que cheou a ser director. Empezou a súa carreira como fiscal de Santiago de Compostela e logo pasou a ser Xuíz municipal da Coruña en 1903. Foi Secretario da Audiencia da Coruña, Secretario de Goberno e Vicepresidente do Tribunal Supremo e primeiro director do xornal coruñés El Ideal Gallego. Alfredo García Ramos é autor de diferentes tratados xurídicos e económicos centrados principalmente en Galícia. En 1933 presentouse ás eleccións ás Cortes da República como independente por Pontevedra gañando o seu escano e integrándose na coalición Independientes de Derechas, que tiña como portavoz a Abilio Calderón. Gran amigo do xornalista e escritor Alejandro Pérez Lugín, á morte deste, García Ramos foi responsable da reorganización e finalización da novela Arminda Moscoso.
ObrasEditar
- Estilos consuetudinarios y prácticas económico-familiares y marítimas de Galicia, 1909.
- Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la región gallega, 1912.
- El regionalismo gallego en su aspecto confesional, monárquico y unitario, 1918.
Galería de imaxesEditar
|
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfredo García Ramos |
BibliografíaEditar
- Cardesín Díaz, José María (1993). "Entre el regionalismo jurídico y el catolicismo social: el Derecho Consuetudinario en Alfredo García Ramos (1908-1910)". Galícia e a Historiografía. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións. pp. 211–242. ISBN 84-86728-95-9.
- Lago García, Xosé (1991). O pensamento de Alfredo García Ramos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-0188-8.