Pepe Miñones
José Miñones Bernárdez, coñecido como Pepe Miñones, nado en Corcubión o 1 de maio de 1900 e finado na Coruña o 2 de decembro de 1936, foi un avogado, empresario e político galego.
Nome orixinal | (es) José Miñones Bernárdez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de maio de 1900 Corcubión, España |
Morte | 2 de decembro de 1936 (36 anos) Campo da Rata, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Deputado nas Cortes republicanas | |
23 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político, empresario |
Partido político | Partido Republicano Radical |
Familia | |
Pai | Manuel Miñones Barros |
Traxectoria
editarFillo de Manuel Miñones Barros. Estudou Dereito na Universidade de Madrid e rematou a carreira na USC. Creou o Partido Socialista Agrario en Corcubión. Loitou polo ferrocarril, a redención de foros, o agrarismo e a educación. Fundou en Corcubión a revista Nerio (1920), na Coruña o semanario Región Gallega (1924) e Finis Terre, e foi propietario do xornal La Provincia de Úbeda (1928).[1] Foi promotor e principal accionista da Electra Popular Coruñesa e de Hidroeléctrica La Loma. Militante do Partido Republicano Radical, foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1933. Seguidor de Martínez Barrio, pasou con el ao Partido Radical Demócrata e despois a Unión Republicana. Volveu ser elixido deputado nas eleccións xerais de 1936 nas candidaturas da Fronte Popular, pola mesma circunscrición.
Ao iniciarse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos sublevados na Coruña, encarcerado e condenado a morte e ao pago dunha multa dun millón de pesetas. Ademais fóronlle incautadas todas as súas empresas, incluída Electra Popular Coruñesa, que foi entregada ao simpatizante franquista Pedro Barrié de la Maza, que a fusionou coa súa Fábrica de Gas y Electricidad, dando lugar a Fenosa e obtendo así o monopolio do mercado eléctrico en Galicia.
Foi fusilado no Campo da Rata o 2 de decembro de 1936.
Vida persoal
editarCasou en 1927 con María del Pilar Vilas Durán, filla de Ramón Vilas González.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pepe Miñones |
Bibliografía
editar- Lamela, Luís (1991). Pepe Miñones. Un crimen en la leyenda (1900-1936). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-538-X.