Coordenadas: 38°00′42″N 3°22′18″O / 38.011666666667, -3.3716666666667

Úbeda é unha cidade da provincia de Xaén (Andalucía), capital da fértil comarca de La Loma. Segundo o INE en 2017 tiña 34.733 habitantes, dos cales 17.046 eran homes e 17.687 mulleres. A cidade, xunto coa próxima Baeza, foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco o 3 de xullo de 2003 debido á calidade e boa conservación dos seus numerosos edificios renacentistas e da súa singular contorna urbanística.

Úbeda, Xaén
Úbeda
Localización
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaXaén
ComarcaLa Loma de Úbeda
Xeografía
Altitude751 msnm
Superficie403,98 km²
Demografía
Poboación34.733 hab. (2017)
Densidade87,08 hab./km².
XentilicioUbetense, ubedeño, ebdetense
Outros datos
Código postal23400
AlcaldeAntonia Olivares Martínez (PSOE)
Web oficial
Conxuntos monumentais renacentistas de Úbeda e Baeza
Sacra Capela do Salvador e Palacio do Deán Ortega (Parador Nacional de Turismo).
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización38°00′42″N 3°22′18″O / 38.01167, -3.37167
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición2003 (27ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador522rev

A cidade, situada sobre un cerro e envorcada cara ao val do río Guadalquivir fronte á impoñente Serra Mágina e cerca do centro xeográfico da provincia, constitúe un importante centro de atracción ao contar con hospital comarcal, centros educativos e escolas universitarias (UNED e SAFA), delegacións de facenda e da seguridade social, xulgados, Centro do Profesorado (CEP) etc, derivando nun dos índices de centralidade máis altos de toda Andalucía. Segundo o anuario de La Caixa, trátase da capital dunha das provincias económicas de España, cunha poboación de máis de 200.000 habitantes que acode habitualmente a comprar nela.

Úbeda vive principalmente do sector servizos, o comercio e a administración, que ocupan o 49% da poboación activa. Pero ademais o peso da agricultura é enorme, sendo un centro neurálxico do oliveiral e a produción aceiteira e un dos maiores produtores e envasadores da provincia de Xaén de aceite de oliva, pedra angular de toda a súa economía. Outras actividades complementarias son a industria, a gandería e un incipiente turismo.

O xentilicio formal da localidade é ubetense, aínda que os seus habitantes, principalmente nas vilas de ao redor como Torreperogil, Sabiote, Baeza, Villacarrillo, Rus ou Canena, tamén son coñecidos como ubedeños.

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar