Abrir o menú principal

Partido Radical Demócrata

O Partido Radical Demócrata foi un partido político da Segunda República Española, de ideoloxía republicana e radical, liderado por Diego Martínez Barrio.

HistoriaEditar

Fundouse o 16 de maio de 1934 no seo do Partido Radical de Alejandro Lerroux, por diverxencias entre diferentes deputados radicais con respecto á política seguida polo partido, en coalición cos grupos de dereitas, logo das eleccións de 1933.

A minoría parlamentaria quedou constituída polos deputados radicais: Antonio Lara Zárate, Manuel Torres Campañá, Manuel Blasco Garzón, Ramón González Sicilia, Manuel Mateos Silva, José González Fernández de Labandera, Eduardo Frapollí, Matías Seguí, José García Ramos, José Miñones, Luis Fábregas, Fulgencio Díez Pastor, José García-Berlanga, Faustino Valentín, Álvaro Pascual Leone, Elidio Alonso e Diego Martínez Barrio.

A este grupo uníronse os deputados Hermenegildo Casas e Adolfo Moreno Rodríguez, procedentes do Partido Socialista Obrero Español, e Luis Recasens Sitches, do Partido Republicano Conservador, así como Pedro Rico, alcalde de Madrid.[1]

En setembro de 1934, agrupouse coa ala dereita dos radical-socialistas, liderada por Félix Gordón Ordás para constituír Unión Republicana, partido que concorreu ás eleccións de febreiro de 1936, formando parte da Fronte Popular.

NotasEditar

  1. Memorias de Diego Martínez Barrios. Editorial Planeta. 1983, pag. 228 ISBN 84-320-5690-1