Alejandro Lerroux

político español

Alejandro Lerroux García, nado en La Rambla (Córdoba) o 4 de marzo de 1864 e finado en Madrid o 25 de xuño de 1949), foi un político andaluz, que ocupou a presidencia do goberno de España durante un breve período da Segunda República.

Alejandro Lerroux
Alejandro Lerroux sentado.jpg
Datos persoais
Nacemento4 de marzo de 1864
 España La Rambla, Córdoba
Falecemento25 de xuño de 1949 e 27 de xuño de 1949
 España Madrid
OrganizaciónUnión Republicana (1903)
Conjunción Republicano-Socialista
Partido Republicano Radical
Unión Republicana (1934)
Alma máterUniversidade de La Laguna
ProfesiónPolítico e xornalista
Firma de Alejandro Lerroux.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Lerroux García, fillo dun veterinario militar, comezou a carreira das armas, pero abandonouna enseguida. Licenciouse en Dereito, e desde a súa mocidade militou nos partidos republicanos, seguindo a Manuel Ruiz Zorrilla. Dedicouse ao xornalismo, desenvolvendo un estilo agresivo e populista; dirixiría varias publicacións, entre elas El País, El Progreso, La Publicidad, El Intransigente e El Radical. Varias veces detido e preso, impenitente duelista á usanza romántica, estableceuse en Barcelona, onde foi nomeado director do diario La Publicidad. Coas súas campañas, duramente anticlericais e populistas, gañouse ao ambiente obreiro, e chegou a ser chamado o Emperador do Paralelo, sector barcelonés de alegre vida nocturna. As campañas do seu xornal produciron disturbios de carácter antimilitarista e anticatalanista, contrarrestados por fortes reaccións doutros sectores opostos, ata que o aire barcelonés empezou a facérselle irrespirable.

Electo deputado por primeira vez en 1901 pola Unión Republicana, entre cuxos fundadores se contara, repetiu en 1903 e 1905, ata que o cofundador Nicolás Salmerón abandonase o partido para incorporarse á coalición Solidariedade Catalá en 1906; Lerroux decidiu entón separarse, descontento co crecente nacionalismo catalán, para o que formou en 1908 o Partido Republicano Radical.

A condena contra un dos seus artigos levouno por primeira vez ao exilio en 1907; volvería abandonar o país escapando das represalias gobernamentais trala Semana Tráxica de Barcelona en 1909. Ao seu regreso ingresou na Conjunción Republicano-Socialista, e recuperou en 1910 o seu escano de deputado; con todo, os escándalos de corrupción que se sucederon o afastaron do seu electorado barcelonés, e en 1914 a falta de apoio levouno a presentarse en Córdoba. Participou en política aínda durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera, aínda cando a secesión dos Radical-Socialistas de Marcelino Domingo en 1929 debilitou o seu partido; formou parte do comité revolucionario que preparou o derrocamento de Afonso XIII, e participou na proclamación da Segunda República Española en 1931.

Apoiou as reformas do goberno de Manuel Azaña durante o seu primeiro bienio, e como ministro de Estado formou parte da coalición de esquerda que apoiou a este. Con todo, aproximouse ás posicións da dereita e en 1933 pactou cos conservadores que obtiveron o poder. Entre 1933 e 1935 ocupou tres veces a cabeza do goberno, ademais das carteiras de Estado (1935) e con carácter interino a de Guerra (1934) trala dimisión de Diego Hidalgo Durán. O seu definitivo derrube político viría dado pola súa implicación no escándalo do estraperlo, que motivou o seu afastamento da coalición gobernante. Non obtivo éxito nas eleccións de 1936, e exiliouse en Portugal ao comezo da guerra civil española. Regresou a España en 1947, téndose reconciliado cos líderes do alzamento militar do ano 1936.


Predecesor:
Álvaro de Figueroa y Torres,
Conde de Romanones
  
Ministro de Estado de España
 
1931
Sucesor:
Luis Zulueta Escolano
Predecesor:
Manuel Azaña
  
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1933
Sucesor:
Diego Martínez Barrio
Predecesor:
Diego Martínez Barrio
  
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1933 - 1934
Sucesor:
Ricardo Samper e Ibáñez
Predecesor:
Ricardo Samper e Ibáñez
  
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1934 - 1935
Sucesor:
Joaquín Chapaprieta Torregrosa
Predecesor:
Juan José Rocha García
  
Ministro de Guerra de España
 
1934 - 1935
Sucesor:
José Martínez de Velasco
Predecesor:
Diego Hidalgo Durán
  
Ministro de Estado de España
 
1935
Sucesor:
Carlos Masquelet Lacaci