Nicolás Salmerón

Nicolás Salmerón Alonso, nado en Alhama de Almería o 10 de abril de 1838 e finado en Pau (Francia) o 20 de setembro de 1908, foi un político e filósofo español, que chegou a Presidente do Poder Executivo da Primeira República Española durante un mes e medio no ano 1873. Dimitiu do seu cargo por negarse a asinar unha pena de morte. Foi catedrático de Historia Universal na Universidade de Oviedo e de Metafísica na Universidade de Madrid. Estudou as teorías de Krause, que inspiraron á Institución Libre de Enseñanza.

Nicolás Salmerón
Presidente do Goberno da Primeira República
Período18 de xullo de 1873 - 7 de setembro de 1873
AntecesorFrancesc Pi i Margall
SucesorEmilio Castelar y Ripoll
Datos persoais
Nacemento10 de abril de 1838
 Alhama de Almería, Almería
Falecemento20 de setembro de 1908
 Francia Pau
OrganizaciónPartido Progresista de España
Republicanismo unitario
PaiFrancisco Salmerón López
CónxuxeCatalina García
FillosExoristo Salmerón, Nicolás Salmerón y García e Catalina Salmerón
Alma máterFacultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada), Universidad Central e Universidade de Granada
ProfesiónPolítico, historiador, filósofo e catedrático.
Na rede
Find a Grave: 26108619 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

O seu pai foi médico, e o seu irmán máis vello, Francisco Salmerón (1822-1878) foi político e xurista. Estudou o ensino en Almería. Máis tarde viaxou a Granada onde estudou Dereito e Filosofía, sendo co-discípulo de Francisco Giner de los Ríos. En Madrid foi influenciado polas teorías de Krause a través de Julián Sanz del Río, o seu profesor. En 1858, foi profesor de Filosofía no Instituto de San Isidro de Madrid e ao ano seguinte foi nomeado profesor axudante na Facultade de Letras da Universidade Central.

O 13 de xullo de 1869 obtivo a cátedra de Metafísica na Universidade Central. En 1867 foi detido polas súas actividades revolucionarias no seo do Partido Demócrata, a carón de Francesc Pi i Margall, pasando cinco meses no cárcere.

Durante o Sexenio Democrático (1868-1874) foi un dos líderes do republicanismo, a pesar das diferenzas doutrinais que tiña de federalismo Pi i Margall. No ano 1871 foi elixido deputado por Badaxoz.

A Primeira República Editar

Coa proclamación da República en 1873, foi nomeado Ministro de Graza e Xustiza do goberno de Estanislao Figueras. Tentou reformar o sistema xudicial e establecer unha lexislación secular.

Trala dimisión de Pi i Margall, as Cortes Constituíntes nomeárono Presidente do Poder Executivo[1] con 193 votos contra 93[2] de Pi i Margall, cargo que exerceu entre o 18 de xullo e o 7 de setembro de 1873. A situación de todo o período foi especialmente crítica, o que o levou a non poder controlar as sublevacións cantonais que xurdían en España. Os seus problemas co Exército no foron menores durante o seu período presidencial, e a súa negativa a asinar a pena capital obrigárono a dimitir. Dous días despois de abandonar o cargo foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados. Os enfrontamentos co seu sucesor, Emilio Castelar, axudaron involuntariamente ó golpe de Estado do xeneral Pavía que, xunto co de Arsenio Martínez Campos o 29 de decembro de 1874, deron fin a primeira experiencia republicana en España.

Restauración da Monarquía Editar

 
Estatua de Nicolás Salmerón en Almería

No 1874 regresa a súa cátedra de Metafísica, pero coa Restauración borbónica verase privado da praza o 17 de xullo de 1875 nun amplo proceso de depuración universitaria. Aínda que tratou de manter un despacho de avogados en Madrid, a situación obrigouno a partír cara o exilio en París, onde xunto a Manuel Ruiz Zorrilla fundou o Partido Republicano Progresista. Non volveu a España ata 1885, trala amnistía de Práxedes Mateo Sagasta de 1881, e puido recuperar a súa cátedra. Foi de novo deputado no 1886 e despois ininterrompidamente de 1893, integrado na coalición Unión Republicana, ata 1907.

Finou en Pau, Francia o 20 de setembro de 1908, mentres estaba de vacacións. No ano 1915 trasladaron os seus restos ó monumento funerario levantado no cemiterio civil de Madrid, á dereita do mausoleo de Pi i Margall, o seu predecesor na presidencia da República. No seu epitafio aparece unha glosa realizada por Georges Clemenceau (primeiro ministro francés de 1907 a 1912), e recordase que deixou o poder por non asinar unha sentenza de morte.

 
Primeira República española

Segue a:
Francesc Pi i Margall
Nicolás Salmerón
Precede a:
Emilio Castelar y Ripoll
Presidente do Goberno de España

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar