Presidente do Goberno de España
O Presidente do Goberno é o Xefe do Goberno de España. A elección do presidente realízase no Congreso dos Deputados, mediante un proceso chamado Investidura, tras ser elixido polo Congreso, é nomeado polo Rei ante o cal toma xuramento.
Presidencia do Goberno de España | |
---|---|
Escudo nacional | |
Tratamento | Excelentísimo señor |
Residencia | Palacio da Moncloa, Madrid |
Ámbito | Reino de España |
Designado por | Congreso dos Deputados |
Nomeado por | Rei de España |
Duración | Catro anos, sen límite de mandatos |
Precedido por | Mariano Rajoy |
Salario | 78.185 €/ano |
Sitio web | www.lamoncloa.gob.es |
As funcións do Presidente do Goberno están establecidas na Constitución Española nos artigos 97 ao 116. A residencia oficial e sede do Goberno é o Palacio da Moncloa en Madrid.
Elección
editarA elección do Presidente non se realiza de forma directa polos electores, senón que se realiza de xeito indirecto polo poder lexislativo. Segundo as eleccións lexislativas que teñen lugar cada catro anos, o líder do partido maioritario, é normalmente proposto polo Rei como Presidente do Goberno, e logo é elixido polo Congreso dos Deputados. O Vicepresidente é elixido polo Rei como unha proposta do Presidente do Goberno.
Elexibilidade
editarO artigo 11 da Lei 50/1997, de 27 de novembro, establece que para ser presidente do Goberno hai que ter nacionalidade española, ser maior de idade, gozar dos dereitos do sufraxio activo e pasivo e non estar inhabilitado para exercer emprego ou cargo público por sentenza xudicial firme.[1] Tampouco hai limitación no número de mandatos á fronte da presidencia do goberno de España.
Investidura
editarTras a elección pola maioría do Congreso dos Deputados, o candidato é nomeado Presidente do Goberno polo Rei nunha cerimonia de investidura que se celebra no Salón de Audiencias do Palacio da Zarzuela. Nesta cerimonia, o Presidente xura ou promete o cargo ante a presenza do Rei de España e do Notario Maior do Reino (Ministro de Xustiza).
Moción de Censura e Cuestión de Confianza
editarO Presidente do Goberno, despois de deliberación do Consello de ministros, pode solicitar ao Congreso un voto de confianza no seu programa ou declaración de política xeral.O Congreso de Deputados lle dá confianza cando vota a favor u nonha maioría simple dos Deputados. O Congreso dos Deputados pode destituír en calquera momento ó Presidente do Goberno a través dunha moción construtiva de desconfianza, que require o apoio da maioría do Congreso (polo menos a metade máis un dos membros que compoñen a cámara).
Tras 4 mocións de censura sen éxito o PSOE gañou a primeira o día 1 de xuño do 2018, facendo así a Pedro Sánchez presidente de España.
Presidentes do Goberno de España (1977 - actualidade)
editarNesta lista soamente se recollen os Presidentes do Goberno do período democrático posterior á ditadura de Francisco Franco. Para ver a lista completa de Presidentes do Goberno e do Consello de Ministros de España vaia a Lista de presidentes de España.
Notas
editar- ↑ "Ley 50/1997, de 27 de noviembre, del Gobierno" (PDF). boe.es (en castelán). BOE» núm. 285, de 28 de novembro de 1997, páxinas 35082 a 35088. 28 de novembro de 1997. Consultado o 7 de novembro de 2020.
- ↑ Alberola, Miquel (1-6-2018). "Pedro Sánchez, presidente del Gobierno tras ganar la moción de censura a Rajoy". elpais.com (en castelán). Consultado o 26-9-2019.
- ↑ Balado, Fran (01-06-2018). "Pedro Sánchez, presidente del Gobierno más minoritario de la historia". lavozdegalicia.es. Consultado o 01-06-2018.