Abrir o menú principal

Palacio da Zarzuela

residencia privada da familia real española en Madrid, España

O Palacio da Zarzuela é a residencia oficial do rei de España e a Familia Real e sede da Casa Real española; de propiedade estatal, o seu coidado e mantemento está ao cargo do Patrimonio Nacional. Está situada nas proximidades de Madrid, a entrada principal está no quilómetro 3.4 da estrada nacional N-VI.

Palacio da Zarzuela
Dmitry Medvedev in Spain 2 March 2009-5.jpg
Recepción oficial nas escaleiras do palacio.
Edificio
EstiloBarroco
LocalizaciónMadrid, España
PropietarioPatrimonio Nacional
Uso(s)Residencia oficial da Familia Real Española
Construción
Inicio1627
Remate1635
Equipo
Arquitecto(s)Juan Gómez de Mora
Alonso Carbonel

Construíuse no século XVII por orde do Cardenal Infante Fernando, irmán do rei Filipe IV como sede de bailes e festas e foi reformado no século XVIII por orde de Carlos IV. Durante a Guerra Civil española foi case totalmente destruído quedando soamente a fachada, restaurado en 1959, converteuse en 1963 na residencia oficial do entón Príncipe de España, Xoán Carlos. En 1975 sufriu unha ampliación e creouse o actual salón de audiencias.

Véxase taménEditar