Estanislao Figueras

político español

Estanislao Figueras y Moragas, nado en Barcelona o 13 de novembro de 1819 e finado en Madrid o 11 de novembro de 1882, foi un político catalán, presidente da I República Española dende febreiro de 1873 até xuño do mesmo ano.

Estanislao Figueras
Estanislao Figueras.png
Escudo del Gobierno Provisional y la Primera República Española.svgPresidente de España
AntecesorManuel Ruíz Zorrilla
SucesorFrancesc Pi i Margall
Datos persoais
Nacemento13 de novembro de 1819
 Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svgBarcelona
Falecemento11 de novembro de 1882
 Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svgMadrid
OrganizaciónPartido Progresista, Partido Demócrata, Partido Republicano Federal, Partido Federal Orgánico
ProfesiónPolítico e avogado
Na rede
Find a Grave: 26109110 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en dereito en 1844, trasládase a Tarragona para comezar a exercer de avogado. En Tarragona ingresa no Partido Progresista e participa nas revoltas liberais de 1848. Nese mesmo ano pasa a Madrid onde se pon en contacto cos políticos republicanos.

Máis tarde uniríase ao Partido Demócrata de España, debido a unha escisión do Partido Progresista. En 1851 consegue un escano no congreso pola provincia de Tarragona, cidade á cal se trasladaría para formar parte da Xunta Revolucionaria, a cal presidiu durante o Bienio Progresista (1854 - 1856). No ano 1855 foi elixido deputado a Cortes, onde liderou unha minoría republicana, e votou a favor dun réxime republicano, opción que non contou co apoio do resto da Cámara. Ao ano seguinte, durante o cal tiña que xurdir a nova Constitución Española, apoiou a descentralización do Estado, postura que o enfrontou co sector máis conservador.

En 1867 foi levado ao cárcere, o cal motivou a súa fuxida a Portugal, país no que se refuxiaría até o triunfo da Revolución de setembro de 1868, que deu inicio ao Sexenio Democrático. Ao seu regreso afiliouse ao Partido Republicano Federal, liderado por Francesc Pi i Margall e fundou o xornal La Igualdad.

En febreiro de 1873 foi elixido Presidente da Primeira República española, cargo que ocupou até xuño do mesmo ano, mes no que a crise económica do país, e a crise interna no seu partido, propiciaron a substitución por Pi i Margall e a fuxida a Francia, de onde regresou para intentar, sen éxito, a reconstrución do seu partido.

Predecesor:
Manuel Ruiz Zorrilla
Presidente do Consello de Ministros

 
Primeira República española

Presidente do Goberno de España
1873-1873
Sucesor:
Francesc Pi i Margall

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar