Revolución de 1868

A Revolución de 1868, tamén denominada La Gloriosa ou La septembrina, foi un levantamento revolucionario español que tivo lugar en setembro de 1868 e supuxo o destronamento da raíña Isabel II e o inicio do Sexenio Democrático.

Situación histórica

editar

A mediados do ano 1860, o descontento contra o réxime monárquico de Isabel II nos ambientes populares, políticos e militares, facíase notar con forza. O moderantismo español, no poder dende 1845 atopábase nunha forte crise interna, e non soubera dar solución aos problemas do país. A crise económica era substancial e os pronunciamentos aumentaban, destacando o levantamento de 1866 de Joan Prim i Prats, e como exemplo de revolta, a dos sarxentos en San Gil; e no exilio, liberais e republicanos chegaban a acordos en Ostende (1866) e en Bruxelas (1867) para promover maiores desordes que levaran a mudar o goberno, non xa para substituír o presidente Narváez, senón co obxectivo de derrocar á raíña Isabel II e expulsala do trono español. A raíña convertérase no foco das críticas sobre os principais problemas do país. Coa morte de O'Donnell en 1867 produciuse unha importante migración de simpatizantes da Unión Liberal cara ás posicións da fronte que propuña o derrocamento de Isabel e o estabelecemento dun goberno máis eficaz para España.

Inicio da Revolución

editar

En setembro de 1868 a sorte da coroa xa estaba botada. As forzas navais con base en Cádiz, ao mando de Juan Bautista Topete, amotináronse contra o goberno de Isabel II. O pronunciamento ocorría no mesmo lugar onde se levantara en armas contra seu pai o xeneral Riego cincuenta anos antes. A proclama dos xenerais sublevados en Cádiz o 19 de setembro de 1868, redactada polo líder unionista Adelardo López de Ayala dicía o seguinte:

 
Joan Prim i Prats

"Españoles: La ciudad de Cádiz puesta en armas con toda su provincia (...) niega su obediencia al gobierno que reside en Madrid, segura de que es leal intérprete de los ciudadanos (...) y resuelta a no deponer las armas hasta que la Nación recobre su soberanía, manifieste su voluntad y se cumpla. (...) Hollada la ley fundamental (...), corrompido el sufragio por la amenaza y el soborno, (...) muerto el Municipio; pasto la Administración y la Hacienda de la inmoralidad; tiranizada la enseñanza; muda la prensa (...). Tal es la España de hoy. Españoles, ¿quién la aborrece tanto que no se atreva a exclamar: "Así ha de ser siempre"? (...) Queremos que una legalidad común por todos creada tenga implícito y constante el respeto de todos. (...) Queremos que un Gobierno provisional que represente todas las fuerzas vivas del país asegure el orden, en tanto que el sufragio universal echa los cimientos de nuestra regeneración social y politica. Contamos para realizar nuestro inquebrantable propósito con el concurso de todos los liberales, unánimes y compactos ante el común peligro; con el apoyo de las clases acomodadas, que no querrán que el fruto de sus sudores siga enriqueciendo la interminable serie de agiotistas y favoritos; con los amantes del orden, si quieren ver lo establecido sobre las firmísimas bases de la moralidad y del derecho; con los ardientes partidarios de las libertades individuales, cuyas aspiraciones pondremos bajo el amparo de la ley; con el apoyo de los ministros del altar, interesados antes que nadie en cegar en su origen las fuentes del vicio y del ejemplo; con el pueblo todo y con la aprobación, en fin, de la Europa entera, pues no es posible que en el consejo de las naciones se haya decretado ni decrete que España ha de vivir envilecida. (...) Españoles: acudid todos a las armas, único medio de economizar la efusión de sangre (...), no con el impulso del encono, siempre funesto, no con la furia de la ira, sino con la solemne y poderosa serenidad con que la justicia empuña su espada. ¡ Viva España con honra!"

Asináronno o duque de Torre, Joan Prim, Domingo Dulce, Ramón Nouvillas, Rafael Primo de Rivera, Antonio Caballero de Rodas e Juan Topete.

 
Isabel II no exilio en París

Advertíase entón a existencia de moitas forzas de xogo: mentres que os militares se manifestaban monárquicos e soamente pretendían substituír a Constitución e o monarca, as Xuntas, máis radicais, mostraban a súa intención de acadar unha verdadeira revolución burguesa, baseada no principio da soberanía nacional. Convén sinalar tamén a participación de grupos campesiños andaluces, que aspiraban á Revolución Social.

O presidente Ramón María Narváez abandona a raíña, ao igual que o fai o seu ministro en xefe Luis González Bravo. Narváez morrería aquel mesmo ano, afondando a crise nos sectores moderados. Os xenerais Prim e Serrano denunciaron ao goberno, e a meirande parte do exército desertou, pasándose ao bando dos xenerais revolucionarios ao seu regreso a España.

O movemento iniciado en Andalucía pronto se estendeu a outros lugares do país, sen que as tropas do goberno fixeran fronte seriamente ás dos pronunciados. O apoio de Barcelona e de toda a zona mediterránea foi definitivo para o triunfo da revolución. A pesar da demostración de forza da Raíña na Batalla de Alcolea, os leais de Pavía foron derrotados polo xeneral Serrano. Isabel viuse entón obrigada ao exilio e cruzou a fronteira de Francia, da que nunca regresaría.

A partir dese momento e durante seis anos (1868 - 1874) intentarase crear en España un sistema de goberno revolucionario, coñecido como Sexenio Revolucionario, até que o fracaso final levou de novo ao poder aos moderados.

Á busca dun novo rei

editar
 
Prim, Serrano e Topete están a facer unha poxa da coroa (Caricatura da revista "La Flaca").

O espírito revolucionario que conseguira derrotar ao goberno de España carecía dunha dirección política clara. A coalición de liberais, moderados e republicanos enfrontábase na tarefa de atopar o mellor goberno que substituíse ao da raíña Isabel II. O control do goberno pasou nun primeiro momento a Francisco Serrano, arquitecto da anterior revolución contra o rexente Espartero. Ao principio as Cortes rexeitaron o concepto de república para España, e Serrano foi nomeado Rexente mentres se buscaba a un monarca adecuado para liderar o país. Mentres, escribíase unha Constitución de corte liberal que finalmente era promulgada polas Cortes en 1869; era a primeira Constitución que podía chamarse así dende a Constitución de Cádiz de 1812.

A busca dun rei apropiado demostrou ser máis que problemática para as Cortes. Os republicanos sentíanse no fondo inclinados a aceptar a un monarca se este era unha persoa capaz e acataba a Constitución. Joan Prim, o eterno rebelde contra os gobernos isabelinos, foi nomeado Rexente en 1869, e súa é a frase: "¡Atopar un rei democrático en Europa é tan difícil como buscar un ateo no ceo!"[1]

Considerouse incluso a opción de nomear rei a un xa envellecido Espartero, aínda que atopou a resistencia dos sectores progresistas; finalmente, e aínda que el mesmo rexeitaba ser nomeado rei, obtivo oito votos no reconto final. Moitos apostaban polo fillo de Isabel, Afonso (que reinaría como Afonso XII), pero a sospeita de que podería ser facilmente manipulable pola súa nai, e que repetira os mesmos erros, facíano perder moitos puntos. Fernando de Saxe-Coburgo, antigo Rexente de Portugal foi considerado tamén unha posibilidade. Outra das posibilidades, que propuña ao Príncipe Leopoldo de Hoenzollen, causaría a guerra franco-prusiana.

  1. Fernández Rey, María. "¿Qué fue "La Gloriosa"?". muyhistoria.es. Consultado o 23-11-2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar