Luis González Bravo
Luis González Bravo, nado en Cádiz o 8 de xullo de 1811 e finado en Biarritz o 1 de setembro de 1871, foi un Periodista e político español.
Luis González Bravo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de xullo de 1811 |
Lugar de nacemento | Cádiz |
Falecemento | 1 de setembro de 1871 |
Lugar de falecemento | Biarritz |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Alcalá |
Ocupación | xornalista, diplomático, avogado e político |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Estudou leis en Alcalá de Henares. Militante do Partido Progresista durante a Rexencia de María Cristina de Borbón participou na Milicia Nacional, foi Deputado por Cádiz en 1841, adquirindo máis moderación, o que lle permitiu co apoio de Narváez para ser nomeado Presidente do Consello de Ministros dende o 5 de decembro de 1843 até o 3 de maio de 1844.
Presidente Editar
Traballou para Narváez disolvendo a Milicia Nacional, declarou o estado de sitio, disolveu os concellos, impuxo a censura á prensa e acusou Salustiano Olózaga de tratar de intrigar en contra da futura raíña Isabel II cando era Presidente do Consello. Creou a Garda Civil.
A súa caída do goberno levouno como diplomático a Lisboa. Tras o seu regreso a España e ante as súas palabras contra os propios compañeiros que o apoiaran, fuxiu durante a revolución de 1854 temendo pola súa vida. Xa en 1864 foi nomeado Ministro da Gobernación con Narváez cando a política española tiña xa un claro ton reacionario, sendo responsable dos denominados Sucesos da noite de San Daniel, debendo dimitir en 1865 para regresar de novo ao ano seguinte como MInistro da Gobernación e en 1868 outra vez Presidente do Consello. A súa actuación visceral foi un máis dos elementos que desataron a revolución de 1868 que deu paso ao Sexenio Democrático e a caída de Isabel II. Exiliouse a Biarritz e uniuse aos carlistas. Foi membro da Real Academia Española.
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Salustiano Olózaga |
Luis González Bravo | Precede a: Ramón María Narváez y Campos |
Presidente do Goberno de España |
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Ramón María Narváez y Campos |
Luis González Bravo | Precede a: José Gutiérrez de la Concha |
Presidente do Goberno de España |