José Gutiérrez de la Concha
José Gutiérrez de la Concha Marqués de la Habana, nado en Córdoba (Arxentina) o 4 de xuño de 1809 e finado en Madrid o 5 de novembro de 1895, foi un político e militar español.
José Gutiérrez de la Concha | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | José Gutiérrez de la Concha Irigoyen |
Nacemento | 4 de xuño de 1809 |
Córdoba, Arxentina | |
Falecemento | 5 de novembro de 1895 |
Madrid | |
Nacionalidade | Arxentina e España |
Ocupación | político, militar e Ministro |
Irmáns | Manuel Gutiérrez de la Concha y Yrigoyen |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu en Córdoba de Tucumán, Arxentina, entón colonia española. O triunfo dos independentistas americanos fixo volver á súa nai a España en 1814.
Iniciou a súa carreira política como Deputado a Cortes polo distrito de Logroño en 1845, e Vicepresidente do Congreso dos Deputados en 1847. Entrementres foi o sufocador dos Mártires de Carral, a Revolución de 1846 en Galicia. Foi Ministro interino de Ultramar e de Marina en 1864 e Ministro da Guerra en 1865, así como Presidente do Consello de Ministros no reinado de Isabel II. Ademais foi Ministro da Guerra e interino da Marina, nos momentos previos á revolución de 1868, o que lle supuxo o exilio durante o Sexenio Revolucionario.
Despois do golpe de estado do Xeneral Pavía reintegrouse na vida política e en 1877 foi nomeado senador vitalicio. Cerrou a súa carreira política dentro do partido fusionista chegando a ser Presidente do Senado en tres ocasións (1881 - 1883 e 1886-1891, e 1893-1894)).
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Luis González Bravo |
José Gutiérrez de la Concha | Precede a: Francisco Serrano Domínguez |
Presidente do Goberno de España |
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Gutiérrez de la Concha |