Biarritz
Coordenadas: 43°29′N 1°34′O / 43.483, -1.567
Biarritz (en francés: Biarritz, en éuscaro: Biarritz ou Miarritze, en gascón, Biàrritz) é unha cidade e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. É unha das principais localidades do territorio vascofrancés de Labort, e forma xunto con Baiona o Anglet a Comunidade de aglomeración do País Vasco, a área urbana máis importante da rexión.
Biarritz | |||
---|---|---|---|
Biarritz / Miarritze Biàrritz | |||
![]() | |||
Praia e casino de Biarritz | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Aquitania | ||
Departamento | Pireneos Atlánticos | ||
Departamento | Distrito de Baiona | ||
Xeografía | |||
Altitude | 0-85 msnm | ||
Superficie | 11,66 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 25.397 hab. (2009) | ||
Densidade | 2200 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 64200 | ||
Alcalde | Didier Borotra | ||
Páxina oficial de Biarritz |
Bañada polo mar Cantábrico (golfo de Biscaia), atópase moi preto de Baiona e de Anglet e a 20 quilómetros da fronteira con España. A unha distancia de 40 quilómetros atópase a cidade de Donostia, desenvolvida como cidade balneario pola realeza española seguindo o modelo de Biarritz.
O casino de Biarritz foi inaugurado o 10 de agosto de 1901 e as súas praias fan da cidade un centro turístico. O surf ten en Biarriz un dos puntos máis importantes para a súa práctica. Biarriz vive de face ao mar, pois foi na súa orixe unha vila baleeira. No século XIX os médicos recomendaban os baños de mar en Biarritz polas súas propiedades terapéuticas.
Biarritz alcanzou a fama en 1854, ano en que a Emperatriz Eugenia, a esposa de Napoleón III, fixo construír un Palacio na praia, coñecido actualmente como Hôtel du Palais. A Familia Real Británica pasou tempadas en Biarritz.
Galería de imaxesEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biarritz |
Ligazóns externasEditar
- Sitio web oficial (en francés)