Pireneos Atlánticos
![]() | |
Rexión | Nova Aquitania |
Prefectura | Pau |
Presidente | Jean-Jacques Laserre |
Distritos | 3 |
Cantóns | 27 |
Municipios | 546 |
Superficie | 7 645 km² |
Poboación (2015) - Total - Densidade |
670 032 88 hab./km² |
![]() | |
Localización de Pireneos Atlánticos en Francia. |
Os Pireneos Atlánticos[1] (64) (Pyrénées-Atlantiques en francés, Pirinèus-Atlantics en gascón, Pirinio Atlantiarrak en éuscaro) é o departamento francés número 64, situado ao suroeste de Francia, que pertence á rexión Nova Aquitania. Toma o seu nome dos montes Pireneos e do océano Atlántico. Ten a súa prefectura en Pau, e dúas subprefecturas: en Baiona e en Oloron-Sainte-Marie. Divídese en tres distritos: Baiona, Oloron-Sainte-Marie e Pau. A súa poboación en 1999 era de 600.018 habitantes, cunha densidade de 78 hab./km².
O departamento atópase situado ao norte dos Pireneos, que o separan de España (Aragón, Navarra e País Vasco).
A metade occidental do departamento é coñecida como o País Vasco francés, abarcando por completo o distrito de Baiona e a parte occidental do distrito de Oloron-Sainte-Marie mentres que a metade oriental é coñecida como Bearne.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aquitano.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |