Bearne
Coordenadas: 43°18′00″N 0°22′00″O / 43.30000, -0.36667
O Bearne,[1] [2] [3] en francés Béarn, en gascón, variedade bearnesa, que é variedade máis occidental da lingua occitana, Bearn [beˈar] ou Biarn ['bjar], en aragonés, Biarn; en éuscaro: Bearno, é unha rexión natural e histórica de Francia, situada na vertente norte dos Pireneos.
Béarn (en francés) Bearn - Biarn (en occitano) Bearne | |||||
| |||||
| |||||
![]() | |||||
Capital | Beneharnum (até 840) Morlaàs (840-1242) Orthez (1242-1464) Pau (desde 1464) | ||||
Lingua | bearnés, francés | ||||
Relixión | Igrexa Católica | ||||
Goberno | n/d | ||||
Historia | |||||
• Establecido | Século IX | ||||
• Viscondado | século IX-1347 | ||||
• Estado soberano | 1347-1620 | ||||
• Provincia francesa | 1620-1790 | ||||
• Revolución Francesa | 1790 |


A liña vermella sinala a área do dominio lingüístico occitano.
Forma parte, coa Baixa Navarra, Lapurdi e Zuberoa, que compoñen o País Vasco francés (Iparralde), o departamento dos Pireneos Atlánticos, do cal ocupa o 60 % do territrio.
Xeografía editar
Ocupa unha superficie de 4 672 km2 e a súa poboación en 2013 era de 365 393 habitantes.
A súa capital é a cidade de Pau.
O seu xentilicio é bearnés.
Desde a Revolución Francesa, Bearne constitúe a parte oriental do departamento dos Pireneos Atlánticos, do que ocupa os 3/5 do seu territorio. Está atravesado en diagonal polas gaves de Pau e de Olorón, cuxos vales paralelos son a parte máis viva do país.
A economía bearnesa sempre dependeu en gran medida da actividade agrícola e gandeira, e aínda mantén unha importante tradición nestes campos, pero na actualidade o Bearne tamén está orientado cara ás industrias de alta tecnoloxía, como a aeronaútica e as xeociencias (impulsadas polo descubrimento do xacemento de gas de Lacq en 1951).
Historia editar
Foi un antigo Estado soberano e unha antiga provincia francesa xurdida tras a unificación coa coroa real en 1620.
A historia do Bearn está unida a figuras ilustres como Gastón Febo, Henrique II de Navarra (Henri d'Albret) e co rei de Francia Henrique IV.
Este pequeno estado foi capaz de manter a súa independencia durante séculos ao lado dos seus poderosos veciños franceses e españois. Nunca deixou de defender a liberdade e a xustiza para todos os bearneses, nunha sabia mestura de aristocracia e democracia,[4] (aínda que fosen elementos anacrónicos na Idade Media).
Os foros de Bearne representan a máis antiga lexislación escrita de Francia,[5] e tratábase tanto duna carta política como dun código de xustiza ao que incluso o soberano de Bearn non podía subtraerse.
Notas editar
- ↑ Saraiva 1987, pp. 194-195.
- ↑ Vasconcellos 1959, p. 245.
- ↑ Suazo Pascual 2002, p. 194.
- ↑ Histoire du Béarn en deux conférences, depuis les origines jusqu'à 1789, Émile Garet, 1911, pax. 7.
- ↑ Histoire du Béarn en deux conférences, depuis les origines jusqu'à 1789, Émile Garet, 1911 páx. 8.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bearne |
Bibliografía editar
- Suazo Pascual, Guillermo (2002). Prontuario de ortografía española: Incluye las nuevas reglas. Madrid: Editorial EDAF S. A. ISBN 8441407312.
- Saraiva, José H. (1987). Itinerário português: o tempo e a alma. Gradiva.
- Vasconcellos, Carolina Michaëlis de (1959). Dispersos: Linguística. Edição da Revista Ocidente.
- Tucoo-Chala, Pierre (1961). La Vicomté de Béarn et le problème de sa souveraineté: des origines à 1620. Bordeaux: Bière.
- de Marca, Pierre (1640). Histoire de Béarn. Paris: J. Camusat.
- Pailhès, Claudine (2007). Gaston Fébus, le prince et le diable. Paris: Broché.
- Bayrou, François (1994). Henri IV, le roi libre. Paris: Flammarion.
- Bidot-Germa, Dominique (2008). Un notariat mediéval: droits, pouvoirs et société en Béarn. Toulouse: Presses universitaires du Mirail.
Ligazóns externas editar
- Presentación do Béarn (en francés).
- Presentación do Bearne (en castelán).
- Sitio oficial do Museo nacional do Castelo de Pau (en francés).
- Galería Virtual en Alta Definición do Museo nacional do Castelo de Pau
- Historia do Bearne medieval (en francés).
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |