Zuberoa
Zuberoa (en éuscaro: Zuberoa, Xiberüa ou Xiberoa, en francés: Soule) é unha das sete provincias históricas que forman o histórico País Vasco no territorio coñecido coma o Iparralde. Pertence ao estado francés, ao departamento dos Pireneos Atlánticos. Limita ao sur con Navarra, ao norte cos departamentos de Landes e Gers, ao leste co departamento dos Altos Pireneos e ao oeste coa Baixa Navarra.