Henrique II de Navarra

Henrique II de Navarra, nado en Sangüesa o 25 de abril de 1503 e finado en Pau, 25 de maio de 1555, foi rei de Navarra na Baixa Navarra[1] desde 1530 ata a súa morte, copríncipe de Andorra, conde de Foix, de Périgord, de Bigorra e de Albret e vizconde de Béarn, Tursan, Gabardan, Tartas e Limoges.

Modelo:BiografíaHenrique II de Navarra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1503 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sangüesa (Reino de Navarra) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de maio de 1555 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Hagetmau, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLescar Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarch of Lower Navarre (en) Traducir Baixa Navarra - Nafarroa Beherea
12 de febreiro de 1517 – 25 de maio de 1555
← Catarina I de NavarraXoana III de Navarra →
Conde de Foix (pt) Traducir
12 de febreiro de 1517 – 25 de maio de 1555
← Catarina I de NavarraXoana III de Navarra →
11º Copríncipe francés de Andorra
12 de febreiro de 1517 – 25 de maio de 1555
← Catarina I de NavarraXoana III de Navarra →
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei, gobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde
Rei de Navarra Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Albret (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMargarida de Angulema (1527–) Editar o valor en Wikidata
FillosXoana III de Navarra, João de Navarra Editar o valor en Wikidata
PaisJoão III de Navarra Editar o valor en Wikidata  e Catarina I de Navarra Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarlos de Navarra
Ana de Navarra
Isabela de Navarra
Pedro de Albret
Catarina de Navarra
Quitéria de Navarra
André Febo de Navarra
Magdalena of Navarre Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Albret-1 Find a Grave: 68212581 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

En 1515, Henrique e o seu pai, Xoán III de Albret, residían na corte francesa, onde coñeceu a Margarida de Angulema, irmá do rei Francisco I de Francia, con quen casará en 1527.

En 1517, á morte da súa nai Catarina de Foix, fíxose cargo da súa herdanza e non tardou en iniciar negociacións con Carlos I para conseguir a restitución completa do Reino de Navarra, primeiro en Noyon en 1516, e logo en Montpellier, en 1518, sen éxito ningún. En 1521 decidiu tratar de recobrar o seu reino pola forza, para o que obtivo o apoio de Francisco I, desexoso de debilitar a posición de Carlos I. Tropas navarro-gasconas enviadas polo rei entraron en Navarra e axudadas pola sublevación dalgúns dos seus habitantes puxeron efimeramente nas súas mans todo o reino. Con todo, as tropas francesas, en lugar de asegurar o territorio, dirixíronse a asediar Logroño, pois a causa dos Albret non era a principal para eles, e si entrar en Coroa de Castela. As tropas castelás con forte presenza guipuscoana reaccionaron e enviaron un exército de 30.000 homes, que obrigou aos franceses a retirarse de Logroño. Ambos exércitos enfrontáronse finalmente na batalla de Noáin en xuño de 1521, vencendo os leais ao Emperador e tomando definitivamente Pamplona. Posteriormente aínda houbo puntos de resistencia dos navarros afíns a Albret, no castelo de Maya ata 1522 e Hondarribia ata 1524.

Acompañando a Francisco I de Francia nas guerras de Italia caeu prisioneiro dos imperiais na batalla de Pavia en 1525 pero logrou escapar en 1527.

Dada a dificultade de manter a posición en Ultrapuertos (ou polo menos isto era o que opinaba o Duque de Alba), o rei Carlos I de España abandonouna voluntariamente en 1530[2][3], de modo que Henrique II puido reinar en Baixa Navarra baixo a influencia do poderoso Reino de Francia. Morreu na súa capital de Pau (Béarn) en 1555 deixando como herdeira dos seus Estados á súa filla Xoana III de Albret.

Devanceiros

editar
  1. Aínda que reclamaba e considerábase rei de toda Navarra, (a Baixa e a Alta), só controlou a primeira.
  2. [1]
  3. [2]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
Predecesor:
Catarina de Foix
Rey titular de Navarra
1517-1530
Sucesor:
El mesmo como monarca reinante na Baixa Navarra
Predecesor:
Carlos I e Xoana I de Castela
 
Rei de Navarra
Conde de Foix e Bigorra
Vizconde de Béarn

1530-1555
Sucesor:
Xoana III