Francisco I de Francia
Francisco I de Francia, nado en Cognac o 12 de setembro de 1494 e finado en Rambouillet o 31 de marzo de 1547, foi rei de Francia desde o 25 de xaneiro de 1515 ata a súa morte.
Francisco I de Francia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de setembro de 1494 |
Lugar de nacemento | Cognac |
Falecemento | 31 de marzo de 1547, 31 de xullo de 1547 e 1547 |
Lugar de falecemento | Rambouillet |
Causa | doenza |
Soterrado | Basílica de Saint-Denis |
Nacionalidade | Reino de Francia |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | pintor, político, coleccionista de arte, mecenas, monarca e letrado |
Pai | Carlos d'Orléans-Angoulême |
Nai | Luísa de Saboia |
Cónxuxe | Cláudia de França e Leonor da Áustria, Rainha de Portugal e de França |
Fillos | Carlota de França, Francisco III da Bretaña, Henrique II de Francia, Madalena de Valois, Charles II d'Orléans, Margarida de Valois, Duquesa de Berry, Luísa de Francia, Nicolas d'Estouteville e Louis de Saint-Gelais |
Irmáns | Margarida de Angulema e Jeanne d'Angoulême |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro e Orde da Xarreteira |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
É considerado como o monarca emblemático do renacemento francés. O seu reinado permitiu o desenvolvemento das artes e as letras en Francia. No plano militar e político, o seu reinado está cheo de guerras e importantes acontecementos diplomáticos. Tivo como rival ó rei Carlos I e debeu contar cos intereses diplomáticos do rei Henrique VIII sempre desexoso de posicionarse como aliado dun ou doutro bando. Francisco tivo éxitos e fracasos, porén non permitiu ó seu inimigo imperial concretar os seus soños, cuxa realización comprometería a integridade do reino.
Os esforzos dos dous soberanos católicos en combaterse o un ao outro provocaron pesadas consecuencias para a Europa cristiá ó permitir que o Imperio Otomán ocupara case a metade do Reino de Hungría e chegase ás portas de Viena.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Francisnco I, no web Histoire en ligneArquivado 04 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. (en francés)
- Biografía de do monarca en "renaissance-france.org" (en francés)