Lois XII de Francia

rei de Francia

Lois XII ou Luís XII de Francia[1] ou Lois de Orleans, tamén alcumado co nome de Pai do pobo,[2] foi un monarca da Casa de Valois quen gobernou como rei de Francia desde 1498 ata 1515 e como rei de Nápoles desde 1501 ata 1504, nado en Blois (Francia) o 27 de xuño de 1462 e finado en París o 1 de xaneiro de 1515. Fillo de Carlos I de Orleans e María de Clèves. É coroado como rei de Francia tras falecer o seu primo Carlos VIII e sen deixar descendencia. Estivo casado con Xoana de Valois, con Ana da Bretaña, con quen tivo dúas fillas, a futura raíña de Francia Claudia (1499-1524) e Renata (1510-1575), e con María Tudor.

Infotaula de personaLois XII de Francia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Louis XII Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1462 Editar o valor em Wikidata
Blois, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1515 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor em Wikidata
Rei de Francia
16 de abril de 1498 – 1 de xaneiro de 1515
← Carlos VIII de FranciaFrancisco I de Francia → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque
Rei de Francia Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Valois Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaría Tudor (1514, 1514 (Gregoriano)–1515)
Ana da Bretaña (1499, 1499 (Gregoriano)–1514)
Xoana de Valois (1476, 1476 (Gregoriano)–1498)
FillosClaudia de Francia
 () Ana da Bretaña
Renata de Francia
 () Ana da Bretaña
Michel Bucy
 () Editar o valor em Wikidata
PaisCarlos I de Orleáns Editar o valor em Wikidata  e María de Cléveris Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaría de Orleáns, Ana de Orleáns e Xoana de Valois Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1505313 WikiTree: Valois-142 Find a Grave: 21093 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar
 
O seu símbolo, un porco espiño en Ruán.

Era fillo de Carlos I de Orleans (alcumado como príncipe poeta) e de María de Clèves neto do duque Lois de Valois (irmán máis novo do rei Carlos VI), que foi asasinado en 1407 polo duque Xoán Sen Medo de Borgoña e bisneto de Carlos V de Francia. En 1465 ao quedar orfo foi adoptado polo rei Lois XI, ao mesmo tempo que recibía os títulos dos ducados de Valois e de Orleans. Casou por primeira vez en 1476 coa princesa Xoana de Valois, filla do rei Lois XI de Francia e de Carlota de Savoia. Con este matrimonio non tivo fillos polo que Lois consegue, en 1498, que o papa Alexandre VI anule o seu primeiro matrimonio (para iso deulle ao fillo de Alexandre, César Borgia o ducado de Valentinois) baseándose en que o casamento fora imposto por Lois XI. O matrimonio foi anulado a fin de permitir que casase coa viúva de Carlos, a ex raíña consorte, Ana da Bretaña (1477-1514), que era a filla e herdeira de Francisco II da Bretaña, nunha estratexia destinada a integrar o ducado da Bretaña na monarquía francesa.

En 1484, descontento coa rexencia de Ana de Francia, participa na chamada Guerra tola e cae prisioneiro na batalla de Saint-Aubin-du-Cormier, en xullo de 1488. Indultado tras tres anos de prisión, segue ao seu curmán o rei Carlos VIII a Italia onde fracasará nos seus plans de conquistar o ducado de Milán, para o seu propio beneficio, durante a que seria coñecida como primeira guerra de Italia.

Casou, en segundas nupcias, o 8 de xaneiro de 1499 en Nantes coa duquesa Ana da Bretaña, viúva do seu primo Carlos VIII de Francia. Desta unión naceron:

O 9 de outubro de 1514 casou en terceiras nupcias, en Abbeville coa princesa María Tudor, filla de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York. Desta unión non tivo fillos.

Lois morreu o 1 de xaneiro de 1515, e foi enterrado na Basílica de San Denis. Debido á tradición da lei sálica, que non permitía ás mulleres herdar o trono de Francia, foi sucedido polo fillo do seu primo irmán, Francisco I (que tamén era o seu xenro), quen fundou a súa propia liña dinástica de reis franceses.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09. 
  2. Alcume que que recibiu na xunta dos Estados Xerais de 1506

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • André Maurois (1951): Historia de Francia. Editorial Surco. Madrid.
  • Hochner, Nicole (2006): Louis XII: Les dérèglements de l’image royale, collection «Époques» Seyssel: Champ Vallon
Rei de Francia

Segue a:
Carlos VIII
Lois XII de Francia
Precede a:
Francisco I
Dinastía de Valois