Ducado da Bretaña

O Ducado da Bretaña (en bretón: Dugelezh Breizh, e en francés: Duché de Bretagne) é o conxunto político que sucedeu despois dos reinos da Bretaña unificándoos, na Alta Idade Media na Bretaña (Francia).

Ducado da Bretaña
Dugelezh Breizh

939–1547
Bandeira Escudo
Lema: Kentoc'h mervel eget bezañ saotret (bretón)
Potius mori quam fœdari (Latín)
Morte antes que deshonra
Localización do Ducado da Bretaña
Capital Nantes (de facto)
Rennes (de facto)
Vannes (de facto)
Lingua Bretón, galó e latín
Relixión Cristianismo
Goberno Ducado
Historia
 • Establecido 939
 • Disolución 1547

HistoriaEditar

Empezou no século IX e disolveuse no ano 1532 ao unirse ao reino de Francia. O personaxe máis destacado foi a duquesa Ana da Bretaña (Nantes, 25 de xaneiro de 1477 - Blois, 9 de xaneiro de 1514), que foi duquesa titular da Bretaña e por dúas veces raíña consorte de Francia.

Soberanos da BretañaEditar

Reino da Bretaña (séc. IX - séc. X)Editar

Artigo principal: Reino da Bretaña.

Os carolinxios someteron aos bretóns no século VIII, pero as diversas expedicións organizadas durante os reinados de Carlomagno e Ludovico Pío mostran que os bretóns permaneceron insubmisos. En 831, Ludovico Pío cambiou de estratexia: pactou con Nominoe, un nobre bretón ao que fixo conde de Vannes, e nomeouno missi dominici para os territorios bretóns. Nominoe é considerado o Pai da Patria bretoa. Os seus sucesores até a invasión normanda noméanse reis da Bretaña. A lista de reis da Bretaña á a seguinte:

Ducado da Bretaña (séc. X - séc. XVI)Editar

 
A Kroaz Du (Cruz Negra), estandarte do ducado da Bretaña desde o século XIV.

A pesar da soberanía nominal francesa, o ducado foi case independente até 1532, ano en que foi incorporado definitivamente a Francia. Os duques da Bretaña até 1532 foron:

Dinastía de NantesEditar

O ducado naceu en 936, ao final da ocupación normanda da Bretaña. Alan II, neto do último rei da Bretaña, Alan I, liberou o país do xugo normando e converteuse no primeiro duque da Bretaña.

Dinastía de RennesEditar

Dinastía de Cornualles (1066-1203)Editar

Dinastías de Penthièvre, Plantagenet e ThouarsEditar

En 1154, o conde de Cornualles, Hoel, herdou o condado de Nantes e, en 1066, casou con Havoisa, herdeira do ducado da Bretaña. O poder ducal durante a dinastía de Cornualles non foi moi forte até a intervención dos Plantagenet, condes de Anjou, duques de Normandía e reis de Inglaterra: en 1171, Henrique II de Inglaterra organizou o casamento do seu moi xove fillo Godofredo (morto en 1186) coa moi xove herdeira do ducado, Constanza (morta en 1201). Henrique II, co título de baillistre (rexente) foi o verdadeiro duque da Bretaña de 1166 a 1186, e o rei Ricardo I de Inglaterra, de 1186 a 1199.

Dinastía de Dreux (1203-1341)Editar

A vitoria dos reis de Francia contra os Plantagenet provocou consecuencias na Bretaña. Despois da morte de Artur I, Filipe Augusto organizou o casamento da herdeira, Alix (filla de Constanza e do seu terceiro marido, Guido de Thouars) cun francés, Pedro de Dreux (Pedro I Mauclerc).

A guerra de sucesión da Bretaña (1341-1364)Editar

Despois da morte sen descendencia de Xoán III houbo un conflito entre Xoana de Penthièvre, sobriña de Xoán III, esposa de Carlos de Blois, apoiada polo rei de Francia, e Xoán de Montfort, medio irmán do duque, apoiado polo rei de Inglaterra. Xoán de Montfort morreu en 1345, pero Eduardo III de Inglaterra continuou a guerra na Bretaña, dirixida desde o 1352 por "tenentes xenerais" e capitáns ingleses.

Esta longa e devastadora guerra concluíu en 1364, coa vitoria en Auray dun exército dirixido por John Chandos e o fillo de Xoán de Montfort, tamén chamado Xoán. Carlos de Blois morreu durante esta batalla. Tras o tratado de Guérande (1365), Xoán de Montfort foi recoñecido como duque da Bretaña, vasalo do rei de Francia; Xoana de Penthièvre conservou o seu dominio.

Dinastía de Montfort (1364-1491)Editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.