Artur II da Bretaña
Artur II da Bretaña, nado o 25 de xullo de 1261 e finado no Castelo de L'Isle o 27 de agosto de 1312, foi duque da Bretaña de 1305 a 1312, fillo de Xoán II da Bretaña e de Beatriz de Inglaterra.
Artur II da Bretaña | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de xullo de 1261 |
Falecemento | 27 de agosto de 1312 |
Lugar de falecemento | Château de l'Isle |
Soterrado | Convento dos Cordeliers |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Xoán II da Bretaña |
Nai | Beatriz de Inglaterra |
Cónxuxe | Marie, Viscountess of Limoges e Yolande of Dreux |
Fillos | Guido de Penthièvre, John III, Duke of Brittany, Alice of Brittany, Xoán II de Montfort, Beatrice of Brittany, Jeanne de Dreux-Bretagne, Dame de Nogent-le-Rotrou, Pierre de Bretagne, Blanche de Montfort e Marie de Montfort |
Irmáns | Jean de Bretagne, Maria da Bretanha, Condessa de Saint-Pol, Branca da Bretanha e Eleonor da Bretanha |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo e sucesor de Xoán II da Bretaña o 18 de novembro de 1305, era neto de Henrique III de Inglaterra, e conseguiu que o ducado fose recoñecido como independente polos franceses. Dividiu o territorio bretón en oito bailías: León, Kernev, Landreger, Penteur, Gwened, Naoned, Roazhon e Sant Malou. En 1309 tamén convocaría por primeira vez os Estados Xerais da Bretaña, predecesores do futuro parlamento bretón, no que, por primeira vez na historia "francesa", o chamado "Terceiro Estado" tiña a súa propia representación. Baixou os impostos ao clero.
Morreu o 27 de agosto de 1312 no Castelo de L'Isle e foi enterrado nos Frades Menores de Vannes nunha tumba de mármore que se fixo construír e que foi vandalizada durante a revolución. Os restos, empregados para pavimentar unha estrada, foron recuperados e hoxe en día están expostos ao público.
Matrimonio e descendencia Editar
Casado en 1275, en Tours, con María de Limoges (1260 - 1290), a vizcondesa de Limoges, filla e herdeira de Guido VI, vizconde de Limoges e Margarida de Borgoña (falecida en 1277), tivo tres fillos:
- O máis vello, Xoán III da Bretaña o Bo (1286 - 1341), herdeiro do Ducado da Bretaña.
- O segundo, Guido (1287 - 1331), herdeiro do condado de Penthièvre e do vizcondado de Limoges.
- Pedro (1289 - 1312), señor de Avesnes.
Artur casou de novo en maio de 1294, esta vez con Iolanda ou Violant de Dreux (tamén chamada Iolanda de Montfort) (1263 - 1330), raíña viúva de Escocia (esposa de Alexandre III de Escocia) condesa de Montfort, filla de Roberto IV, conde de Dreux e de Braine, e de Beatriz de Montfort, condesa de Montfort. Tiveron seis fillos:
- Xoán (1294 - 1345), conde de Montfort; pretendente do ducado da Bretaña.
- Beatriz da Bretaña (7 de decembro de 1295 - 9 de decembro de 1384), dama de Hédé, casada en 1315 con Guido X de Laval (m. 1347).
- Xoana (1296 - 24 de maio de 1364), casada en 1323 con Roberto de Cassel (Roberto de Flandres) (m. 1331), conde de Marle.
- Alix da Bretaña (1297-1377) (1297 - 1377), casada con Bucardo VI, conde de Vendôme (m. 1354) e de Castres.
- Branca (nada o 18 de xullo de 1300), morta moi nova.
- María (1302 - 24 de maio de 1371), relixiosa en Poissy.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Artur II da Bretaña |