Convento dos Cordeliers
O Convento dos Cordeliers (en francés: Couvent des Cordeliers) era un convento situado na cidade de París (Francia) erixido en 1259 no reinado de Lois IX de Francia, co importe dunha multa pagada en reparación por un asasinato.
Convento dos Cordeliers | |
---|---|
País | Francia |
Localización | 6º distrito de París |
Coordenadas | 48°51′02″N 2°20′29″L / 48.850555555556, 2.3413027777778 |
Orde relixiosa | Orde dos Freires Menores Conventuais |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1590 converteuse na guarida dos máis famosos membros da Liga Católica.[1] Deu o seu nome ao Club dos Cordeliers, quen tiveron os seus primeiros encontros neste lugar durante a Revolución Francesa.
Cordeliers foi o nome dado en Francia aos Franciscanos observantes, tamén coñecidos como Orde de Frades Menores (Ordo Fratrum Minorum [O.F.M.]).
Parte do convento foi absorbido pola Escola de Medicina de París e o que queda garda o Museo Dupuytren de anatomía, conectado coa mesma escola.
Notas
editar- ↑ Chateaubriand, Libro IX, Cap. 3
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- François-René de Chateaubriand (2006). Mémoires de ma vie. Barcelona: Acantilado. ISBN 978-84-96489-32-5.